Alex Doval liderará a candidatura do PP de Oroso a unhas municipais que significarán o fin á “nefasta” xestión dun bipartito “caduco”

O secretario xeral do Partido Popular na provincia da
Coruña, Evaristo Ben, confirmou que Alex Doval liderará a candidatura da súa formación
no Concello de Oroso nas próximas eleccións locais que terá lugar o próximo 28 de maio.
Nacido neste municipio fai 32 anos, Doval é licenciado en Dereito e en Ciencias Políticas e
da Administración, é concelleiro de Oroso dende o ano 2015 e forma parte da xunta
directiva provincial do PP da Coruña.

“Con Doval facemos unha aposta segura. Falamos dunha persoa que leva anos
traballando duro para denunciar a pésima xestión municipal que se ten feito en
Oroso durante os últimos anos, falamos dunha persoa próxima, que sabe escoitar e
que non parou de facer propostas para mellorar a vida dos seus veciños”, afirmou
Evaristo Ben, quen se mostrou seguro de que, o próximo 28 de maio, o candidato popular
terá a oportunidade de guiar o futuro de Oroso durante os próximos 4 anos.

Co apoio de todo o grupo municipal do PP, Doval asume o reto agradecendo a confianza
das direccións provinciais e autonómicas do partido e por suposto polo apoio dos militantes
de Oroso. «Oroso precisa un cambio e somos a única garantía de que este cambio se
leve adiante», apuntou o popular, que asegurou que a súa formación «ten proxecto, ten
equipo e ten ilusión porque Oroso merece moito máis”.

Confirmada a súa candidatura, o popular aproveitou para pedir a axuda de todas aquelas
persoas que aspiran a ter “un mellor concello, con máis oportunidades e con mellores
servizos para todos” con independencia, dixo, do lugar no que vivan.
Pola súa banda, Ben fixo fincapé na importancia que ten a cita electoral. “Xogámonos a
alcaldía de Oroso, pero tamén nos xogamos dicirlle a Pedro Sánchez que estamos
cansados da súa políticas e de que o seu tempo na Moncloa xa terminou”