Ben di que os orzamentos “castigan aos veciños” e confirman a “nefasta xestión” dun González Formoso “ausente”

O grupo do Partido Popular na Deputación da Coruña asegurou no pleno celebrado esta mañá, a través do seu viceportavoz, Evaristo Ben, que os orzamentos presentados polo goberno provincial “castigan aos veciños” e confirman a “nefasta xestión” levada a cabo por un Valentín González Formoso “ausente” e máis preocupado dos asuntos que teñen que ver co PSdeG a nivel autonómico que de xestionar unha institución da importancia do ente provincial.

Tras anunciar que o seu grupo se absterá por “responsabilidade política” e despois de tender a man para “traballar de maneira conxunta” polo desenvolvemento económico e social da provincia, Ben empezou a súa intervención asegurando que as contas provinciais “nacen mortas” xa que, na súa opinión, as previsións que contén o documento non se van a executar tal e como sucedeu nos últimos exercicios.

“Vostedes traen aquí unhas contas que castigan aos veciños da provincia por un puñado de votos que os manteñen na presidencia da Deputación”, apuntou Ben, quen incidiu en que o documento volve deixar no tinteiro proxectos fundamentais como mellorar as infraestruturas, ademáis de non permitir equilibrar os diferentes territorios e non indentificar os investimentos. “Non sabemos nin que actuacións, nin onde, nin como as van levar a cabo ”, dixo.

Neste sentido, o viceportavoz popular subliñou que as contas reducen un 51,7% a partida destinada a investimento en vías, un 31,52% o montante para o plan de travesías, un 31,52% o diñeiro para mellorar as sendas provinciais, e desaparece o 100% dos cartos destinados a mellora da seguridade viaria provincial. Acumulan fondos de tesourería, pero poñen en risco a seguridade dos nosos veciños”, dixo Ben.

Anti provincia e anti concellos

Nesta mesma liña, Ben continúo a súa intervención asegurando que as contas fomentan o desequilibrio entre concellos grandes, favorecidos, dixo, polos seus nunerosos recursos económicos e a firma de cuatiosos convenios, fronte a pequenos e medianos que deben “sobrevivir baixo o amparo do Plan Único, que diminuirá 11 millóns de euros respecto aos dous últimos anos”.

No capítulo de diminucións, os populares tamén denunciaron que o goberno provincial incremente o ámbito das actuacións subvencionables en materia de gasto social- tal e como reclamou o PP-, pero, a sú vez, reduza en 7 millóns a partida destinada a este ámbito e en máis 6 millóns de euros as partidas destinadas a Acción Social, e dicir, máis dun 22% con respecto ao ano anterior. “Nin ten sentido, nin ten lóxica. Non nos poden vender aquí que esté é un orzamento social”, dixo Ben, quen reclamou a aprobación dun modificativo de crédito para incrementar estas achegas.

Cualificados de “continuístas e tóxicos”, o viceportavoz do grupo maioritario na Deputación da Coruña detívose tamén mala cifra de execución orzamentaria do goberno bitartito. “De cada 1.000 euros, 700 seguen en caixa, acumulando xa 189 millóns de euros nas contas bancarias que non se están a destinar a liquidar as necesidades dos veciños”, dixo Ben, quen asegurou que este dato pon de manifesto a “falta de dilixencia e a ineficacia” dun executivo provincial que, na súa opinión, presenta un documento que “é papel mollado e promesas que un ano máis caeran en saco roto”.

A Diputación con fin para obxectivos persoais

“O señor Formoso é o presidente dos anuncios, o presidente da propaganda, é o presidente que dá as costas aos veciños da provincia que sofren a subida de impostos do Goberno Central, o maltrato ao que o señor Sánchez somete á agricultura, a pesca e a industria de Galicia sen mover nin un só dedo”, afirmou Ben, quen non dubidou en asegurar que “todo iso a vostede dálle igual, para vostede a Deputación foi un instrumento, un medio para quitas partidistas que teñen ver, como vostede dixo, con gañarlle a Feijoo unhas eleccións, a pesar de que aquí se lle paga para xestionar a provincia”.

Posta en marcha dun plan social

Por último, ou popular puxo sobre a mesa propostas que, ao seu xuízo, permitirían mellor a vida dos veciños da provincia e incrementar as posibilidades económicas e sociais dos concellos. “Necesitamos dotar aos municipios de máis fondos para converxer, debemos mellorar as vías provinciais, apostar pola cohesión social, incrementando o apoio aos máis vulnerables, aumentar as transferencias aos concellos e dinamizar a economía local a través de políticas expansivas que apoien o tecido produtivo. En todo estes obxectivos atopará sempre o noso apoio”, dixo Ben.

Para alcanazar todos estes retos, o grupo popular reclamou a posta en marcha dun plan de impulso provincial que permita saír da crise económica provocada pola Covid. Un plan, dixo Ben, que termine coas políticas baseadas na improvisación, que poña fin ás convocatorias “excesivamente complexas desde o punto de vista da tramitación” e que posibilite que as axudas se cobren “en tempo e forma”.

“Con unidade, compromiso e responsabilidade por parte de todos –cidadáns, entidades, empresas e administracións, poderemos deixar atrás esta crise”, concluíu Ben.