Calvo destaca a xestión de Feijoo á fronte do PPdeG e di que o líder popular “é o mellor que lle puido pasar a Galicia”

O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, puxo en valor hoxe a xestión levada a cabo polo seu hómonimo autonómico, Alberto Núñez Feijoo, ao frente do PPdeG e asegurou que o líder dos populares “é o mellor que lle puido pasar a Galicia”.

 

Durante o seu discurso hoxe no 17 Congreso Autonómico do PPdeG celebrado en Santiago de Compostela, Calvo aproveitou para agradecer ao presidente autonómico que “sigas elixindo Galicia, que sigas querendo estar aquí, que levases ao partido onde se atopa e que volvas a liderar o nosa formación”.

 

Nesta liña, o lider popular na provincia da Coruña lembrou que durante o último ano Galicia, do mesmo xeito que o resto do territorio nacional, viviu momentos moi complicados nos que houbo que tomar decisións moi difíciles por culpa da pademia provocada pola Covid-19. “Nós os galegos fomos uns afortunados. Fronte a un Goberno central que desinformaba e confunfía a todo o mundo, nós tivemos un presidente que en ningún momento limitouse a ser espectador dos problemas”, asegurou.

 

Calvo insistiu tambén en que, lonxe de quedar observando as consecuencias da pandemia queixándose, Feijoo puxo sobre a mesa solucións ante a gravísima crise sanitaria e converteuse, dixo, unha vez máis  “no referente que queriamos escoitar os galegos, na persoa que nos tranquilizaba e dábanos confianza porque, nos momentos máis duros, xamais ocultou información, nunca nos mentiu e volveu a demostrar os motivos polos que é un dos líderes máis recoñecidos de toda España ”.

 

Na súa intervención, Calvo aproveitou tamén para facer un balance dos quince anos que leva traballando á beira de Alberto Núñez Feijoo. Anos na oposición contra goberno bipartito, lidiando coas grandes crises económicas, sendo o motor ante a recuperación truncada pola pandemia e vivindo traxedias como a do accidente de Angrois. “Todo iso serviu para descubrir un gran xestor, un gran componedor de equipos e un político coherente, afastado do griterio dos alborotadores, das modas políticas estridentes e da arrogancia dos simplistas”, apuntou o popular.

 

O PP eo PPdeG, valores seguros fronte a Pedro Sánchez

Calvo non quixo deixar pasar a ocasión da celebración do 17 Congreso Autonómico, que cualificou de fundamental para marcar as liñas a seguir pola súa formación nos próximos anos, para cargar contra un Pedro Sánchez ao que calificou como “o peor presidente da historia de España”.

 

“Temos no Goberno de España a un home que só pensa en si mesmo, cunha ambición irresponsable e desmedida, que non ten liñas vermellas e que é capaz de facer calquera cousa con tal de manterse no poder”, indicou Calvo, quen fronte a esta situación, puxo como exemplo do que debe ser un bo presidente a un Núñez Feijoo que, na súa opinión, guíase pola “responsabilidade, a coherencia e a importancia do sentido de servizo público cara aos cidadáns”.

 

Calvo tivo palabras de agradecemento tamén para o presidente nacional do PP, Pablo Casado, de quen destacaou que tomase os mandos da formación popular “nunha das peores situacións da súa historia”, e a súa capacidade para conseguir endereitala, renovar as estruturas e chegar a situar ao partido de novo por diante do PSOE nas enquisas. “Nin moito menos está todo feito, pero é un primeiro paso importante para volver gobernar como xa fixemos no seu día con Mariano Rajoy”, concluiu.