Carmen Pomar cualifica de “moi positivos” os orzamentos presentados pola Xunta de Galicia para a comarca de Santiago de Compostela

  • “Son uns orzamentos en alza, con actuacións transversais e axustándose ás principais demandas dos concellos e dos contextos formativos, produtivos e económicos. Orzamentos para as persoas, sensibles cos máis vulnerables e que fan de Galicia, tamén dos concellos máis pequenos e rurais, o mellor lugar para vivir”, dixo

 

 A deputada autonómica do Partido Popular de Galicia, Carmen Pomar, cualificou hoxe de “moi positivos” os orzamentos para a comarca de Santiago de Compostela presentados pola Xunta de Galicia para o ano 2025.
Tras analizar as contas, a popular incidiu en que o documento económico permitirá atender, ademáis dos investimentos específicos e puntuais para os concellos, unha serie de actuacións de cuxa transversalidade poderanse beneficiar moitas persoas.
A nivel de proxectos concretos, Pomar destacou o impacto que terá na área de Santiago o novo Centro de Coidados Intermedios, CEGADI, para todas as persoas que despois dun ingreso hospitalario, precisen de atención especial antes de retornar ao seu fogar.
Tamén, dixo a popular, a veciñanza dos concellos da área de Santiago verase beneficiada polo reforzo dos servizos de valoración de dependencia que, na súa opinión, axilizará as listas de agarda, así como pola nova partida orzamentaria para o bono concilia e corresponsabilidade con ata 12 millóns para a provincia de Coruña.
Pomar detívose tamén no feito de que as familias seguirán desfrutando da gratuidade das escolas infantís e, en canto, a atención sanitaria será de alto impacto para esta área a ampliación do CHUS que nesta anualidade supón case 11 millóns de euros ou o centro pioneiro e punteiro de Protonterapia que supón 10 millóns de euros. Todo iso sen esquecer que terá moito impacto o novo centro do IMELGA que con sé en Santiago dará servizo a toda a comarca.
27 millóns para vivenda pública
Por outra banda, a popular salientou a “importante partida” que o Goberno Autonómico destinara para a axuda á vivenda pública na provincia, con un total de cas 27 millóns, con impacto en todos os concellos, ou os 2 millóns de euros que se adicarán a facilitar a emancipación da mocidade.
En canto a infraestruturas e facilitación da mobilidade nos concellos da área de Santiago, Pomar destacou 1,2 millóns de euros para  a comarcalización do parque de bombeiros de Santiago que afectará positivamente aos concellos de Teo, Ames, Brión, Val do Dubra, Trazo, O Pino, Boqueixón e Vedra. Todos estes concellos veranse  favorecidos, dixo co fondo xeral adicado en administración local ás axudas a concellos, que chega, en total, a 7 millóns de euros.
Respecto á nova estratexia de mobilidade, a Xunta de Galicia incrementa os investimentos para a Tarxeta Xente Nova, dedicando, explicou Pomar, máis en sendas e aparcadoiros, nas novas paradas de bus, ou no transporte escolar integrado. “Todo isto persegue facilitar o uso do transporte público e a comunicación dos concellos da área de Santiago para desprazarse habitualmente ou para calquera tipo de xestión”, explicou.
Actuacións concretas, dende augas de Galicia, Pomar avanzou que levarase a cabo o saneamento nos concellos de Lousame, Rois e Oroso e a protección contra inundacións no concello de Padrón. A nivel de estradas, a deputada popular cualificou de “moi destacable”  a partida que a Xunta de Galicia destina a converter en autovía a Vía de Alta Capacidade Brión-Noia que se ve cuadriplicada, ata 4 millóns de euros.
Centro educativos
No que fai referencia á investimentos en centros educativos, Pomar salientou que o IES de Curtis contará coa licitación dunha obra de ampliación dun total de 1 millón de euros,que neste próximo ano 2025 terá unha partida de 500.000 euros.  Temén, incidiu, a rehabilitación do CEIP de A Igrexa-Calo levará 950.000 euros, as melloras no CEIP de Sigüeiro -407.000 euros-, a partida destinada á construcción do novo CEIP do Milladoiro (total de 9,8 millóns de euros), e á reforma do CEIP Ortigueira de Vedra que do total dos 433.000, neste ano 25 ten asignados 260.000 euros, mentres que, por último, o CEIP Bragade de Oza-Cesuras que contará no 25 con 122.000 euros.
“A todo iso hai que sumar a continuidade co Plan de matrícula gratuita na Universidade, que xunto coa gratuidade das escolas infantís, e a gratuidade de todo o ensino obrigatorio (EI, EP, ESO, Bach, FP) fai de Galicia a única CCAA con gratuidade total no ensino, dende o berce ata a titulación superior”, afirmou Pomar.
Accións formativas
En accións formativas concretas na área de Santiago,  Pomar  puxo en valor o investimento no Polo de Emprendemento de Melide, de 100.000 euros, e o investimento para a Rede Pública de Centros de Formación, cun total de 4 millóns de euros, que terá impacto directo nos centros de Labañou, Ames, Negreira e Melide.  Haberá, dixo, partida específica, tamén, para o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude-Boqueixón, de 1,5 millóns de euros.
Enlazando coa innovación, o desenvolvemento económico e o emprego, cabe destacar, afirmou, o fondo xeral de axuda a Pemes e Empresas, as medidas de abaratamento da enerxía ou as axudas para a creación de solo industrial. A todo iso, Pomar sumou tamén as novas liñas de bono comercio, de axudas ao cooperativismo, ao fomento da contratación, o apoio ao desenvolvemento local e as accións destinadas para loitar conta o desemprego.
En canto aos núcleos máis rurais, a deputada galega incidiu no Plan Camiña Rural ao que corresponden, en total, 20 millóns de euros, as axudas á forestación e plantación de frondosas que chegan, na provincia, a case 1 millón de euros.
Tamén é fundamental na área de Santiago, os beneficios sobre a PAC que ascenderán, en total, a 81 millóns e fortalecerán o sector agrogandeiro e a incorporación de mocidade e novos agricultores”, indicou Pomar, que tamén relacionou coas axudas os rual a Rede ADIVAL de dinamización cultural, cun presuposto de 450.000 euros para a provincia, ou as axudas para fomento da lectura que chegan a 700.000 euros.
“Son uns orzamentos, polo tanto, en alza, con actuacións transversais e axustándose ás principais demandas dos concellos e dos contextos formativos, produtivos e económicos. Orzamentos para as persoas, sensibles cos máis vulnerables e que fan de Galicia, tamén dos concellos máis pequenos e rurais, o mellor lugar para vivir”, concluíu Pomar.