Carta del Presidente Provincial a los afiliados.

Estimado/a afiliado/a,

A Xunta Directiva do PPdeG acordou o pasado 1 de xuño convocar o XVII Congreso do Partido Popular de Galicia, que se celebrará os días 16 e 17 de xullo de 2021 en Pontevedra.

O Regulamento do Congreso establece que son compromisarios/as electos os designados polas organizacións locais en asembleas convocadas para tal efecto. O reparto do número de compromisarios que lle corresponden a cada organización local foi aprobado en Xunta Executiva Provincial o pasado día 7 de xuño.

Os afiliados/as, previamente inscritos como electores que queiran exercer o dereito a presentar a súa candidatura a compromisario, poden facelo cubrindo o correspondente formulario que está publicado nas páxinas web do PPdeG e do PP da provincia da Coruña (www.ppcoruña.es). Unha vez cuberto o formulario, o documento debe ser entregado na sede local correspondente ou envialo ao enderezo electrónico da sede provincial (corunya@pp.es) antes das 20 horas do venres 2 de xullo. As persoas que forman parte da Xunta Directiva do PPdeG xa son compromisarios natos.

Unha vez rematado o prazo de inscrición de aspirantes a compromisarios, o día 7 de xullo de 2021 terán lugar as asembleas de elección de compromisarios. Ditas asembleas de votación faranse só no caso de que o número de aspirantes sexa maior que o de prazas.
As mesas de votación da provincia de A Coruña, no caso de ser necesarias, estarán situadas nas sedes locais de cada concello. Poden consultar ditas direccións na sede provincial.

A votación comezará ás 17:00 horas e prolongarase ata as 21:00 horas do día 7 de xullo. Cada Comité Local terá a disposición dos afiliados inscritos, como mínimo 24 horas antes da celebración da asemblea, unha papeleta na que os nomes dos candidatos a compromisario dese concello estarán ordenados alfabeticamente, a primeira letra elixirase baixo sorteo.

En cada asemblea constituirase una mesa, composta por un presidente, secretario e vocal. Resultarán electos aqueles compromisarios con maior número de votos dentro da cifra asignada a dito municipio. No suposto de que o número de candidatos a elixir coincida co de compromisarios asignados, quedarán automaticamente designados, sen necesidade de celebrar a correspondente asemblea.
Para calquera dúbida podes contactar coa túa sede local ou coa sede provincial, chamando ó 981.223.742 ou a través do enderezo corunya@pp.es

Recibe un cordial saúdo,

Diego Calvo Pouso
Presidente Provincial do PP de A Coruña

Formulario Compromisarios.
Descárgalo aquí