Cecilia Vázquez agradece que os orzamentos de Xunta de Galicia den resposta “un ano máis” ás necesidades de Betanzos e a súa comarca

  • A deputada popular destacou que en contraposición aos gobernos que non o fan, o goberno central que non ten orzamentos nin se agardan, así como o goberno municipal de Betanzos que ainda non iniciou a súa tramitación, en Galicia as “contas poderán entrar en vigor en tempo e forma”

 

  • Vázquez apuntou que a inversión en política social céntrase na atención á dependencia, así como o fomento de emprego e as rebaixas fiscais para favorecer a emancipación e o acceso á vivenda da xóvenes

 

A deputada autonómica do Partido Popular de Galicia, Cecilia Vázquez, agradeceu hoxe que os orzamentos autonómicos presentados o pasado sábado dean resposta “un ano máis” ás necesidades de Betanzos e da súa comarca.

 

Tras analizar o documento, Vázquez indicou que, seguindo o modelo da Galicia que funciona en contraposición aos gobernos que non o fan, o goberno central que non ten orzamentos nin se agardan, así como o goberno municipal de Betanzos que ainda non iniciou a súa tramitación, en Galicia as “contas poderán entrar en vigor en tempo e forma”.

 

Neste sentido, a tamén portavoz popular en Betanzos, lamentou que o único que saben o veciños é que o Concello de Betanzos está inmerso nun plan de axuste de pago a proveedores obrigados polo Ministerio de Facenda para pagar facturas pendentes de preto de 2,6 millóns de euros que, entre outras cousas, implicará a subida do IBI (30%), e do IVTM (34%) e recortes en gastos de persoal n(on cubrir vacantes tan necesarias como a do inspector xefe da policia local).

 

“Unha vez máis os veciños e veciñas de Betanzos pagaremos a nefasta xestión económica do Goberno Local”, denunciu Vázquez, que, en contraposición, avalou o feito de que a Xunta si cumpra coas necesidades e os investimentos que necesita Betanzos e a súa comarca.

 

Respecto a estas inversións, a diputada autonómica destacou a rehabilitación CEIP Vales Villamarín -910.000 euros-, a redacción do proxecto   derehabilitación -fase 4- do Parque do Pasatempo por valor de 800.000 euros,  a ampliación da curva sobre a vía do tren, construcción de beirarrúas e arcén e mellora da accesibilidade na AC- 542 no tramo que discorre por Betanzos -2 millóns de euros- ou a rehabilitación no ámbito do Camiño de Santiago  -igrexa Santa María do Azougue- cun montante de 60.000 euros para este ano e un total de 440.000 para todo o proxecto.

 

Inversións importantes en infraestructuras educativas

No resto da comarca, a deputada resaltou os 300.000 euros para levar a cabo melloras no CEIP Barrié de la Maza en Sada, no CEIP plurilingüez Bragade en Oza-Cesuras (122.000 euros) e o medio millón de euros que a Xunta de Galicia destinará ao IES de Curtis.

 

En canto ás políticas que favorecen directamente ás persoas, ademais do investimento en educación e sanidade, Vázquez apuntou que a inversión en política social céntrase na atención á dependencia, así como o fomento de emprego e as rebaixas fiscais para favorecer a emancipación e o acceso á vivenda da xóvenes, e a inversión que permitirá aliviar a presión sobre as familias con menos impostos en sucesións, transmisións e outros.