Diego Calvo anuncia que o PP estará á beira “dos sectores que o están a pasar moi mal” para defender as súas demandas

O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, anunciou hoxe que a súa formación estará á beira dos sectores que o están pasando moi mal por culpa do maltrato sistemático ao que os somete o Goberno Central para defender as súas demandas.

 

Calvo, acompañado da deputada, Tristana Moraleja, e do senador, Miguel Lorenzo, aproveitou a rolda de prensa na que os populares criticaron que o executivo central rexeitase as 2.100 emendas presentadas polos populares aos Orzamentos Xerais do Estado (PGE), para lamentar que “moi mal teñen que estar as cousas nun país para que o asunto máis importante da discusión dun orzamento sexa a lingua na que un grupo de persoas que viven nunha comunidade autónoma poden ver  El juego del calamar”.

 

Neste sentido, o presidente popular, que responsabilizou desta situación aos socios que o señor Sánchez buscou para sacar adiante as súas políticas, lamentou que “en lugar de falar da carga de traballo de Navantia, da débeda do Porto de A Coruña, da ampliación de Alfonso Molina ou do tren a Langosteira, o Goberno Central trata de confundir á xente con asuntos que pouco ten que ver con mellorar a vida dos veciños”, apuntou.

 

Nesta mesma liña, Calvo alertou sobre cara a onde camiña España cando o seu goberno pretende aprobar unha Ley de Seguridad Ciudadana coa que, segundo explicou, preténdaselle dar máis posibilidades ás persoas que alborotan e tratan de romper a paz social ou, dixo, permítese, que os xefes de prensa dalgúns partidos poidan solicitar á presidenta do Congreso que tome medidas cos periodistas que fan preguntas inoportunas.

 

“Os cidadáns teñen que tomar conciencia do que sucede. Hai moitos sectores –transporte, produtores agrícolas, industrias- que o están pasando mal. Sectores aos que o Goberno lles dá as costas cos seus problemas, mentres se preocupa do idioma dunha plataforma audiovisual”, criticou Calvo, que asegurou que o Partido Popular estará na rúa á beira de todas estas persoas.

 

 

 

 

Críticas a Yolanda Díaz e Ana Pontón

Por outra banda, o presidente provincial cualificou de “moi grave” o feito de que unha ministra como Yolanda Díaz asegure agora que no mes de marzo –antes da pandemia- advertise do que podería pasar coa chegada da Covid e que o seu propio Goberno, dixo Calvo, non a tivese en conta.

 

É un asunto moi serio, morreron máis de 100.000 persoas. Como é posible que unha ministra nun consello advirta de algo e non se tomen medias”, dixo o popular, quen volveu reclamar a celebración da comisión investigación vetada no seu día pola Fiscalía e o Executivo.

 

 

Pola súa banda, Calvo cargou tamén contra o feito de que o traspaso da AP-9 non sexa agora un asunto prioritario para o Goberno Central despois das rebaixas realizadas nas peaxes. Sobre este asunto, o popular reclamou saber si o PSdeG xa sabía estes plans e mentiu e cree necesario que o BNG expliquei si vai seguir sendo “unha comparsa dos socialistas”.

 

“O señor Caballero xa pouco importa, serán outros o que teñan que dar explicacións, pero a señora Pontón si debería explicar cal é prezo que paga por manter as cadeiras de brazos nos concellos, cal é o prezo dunha vicepresidencia da Deputación da Coruña e cantas veces pódese vender a Galicia para manter as tenencias de alcaldía dos municipios”, afirmou Calvo.

 

Labazada a Galicia e á provincia

Pola súa banda, Tristana Moraleja pediu explicacións aos deputados socialistas por votar non ás emendas presentadas polos populares e que que permitía levar a cabo as obras necesarias para acceder á cidade da Coruña, construír a ligazón entre Meicende e Arteixo, actuacións en Cambre, Culleredo…e incrementar os fondos para a rexeneración da ría do Burgo e de Betanzos. “Votan que non, en definitiva, a mellorar a situación dos cidadáns. Volvéronlle a dar unha labazada a Galicia e, en particular, aos veciños desta provincia”, dixo.

 

Ademais, a deputada criticou que, coa súa postura, o PSOE impide destinar 1.200 millóns de euros que permitirían paliar a subida enerxética que afecta as industrias electrointensivas como Alcoa, ademais de paralizar o PERTE para o sector da automoción e o naval.

 

Nesta mesma liña, Miguel Lorenzo lamentou que con esta negativa por parte do Goberno Central o Xacobeo siga sen fondos económicos e sen bonificacións fiscais para o ano 2022 mentres, dixo, Barcelona leva 20 millóns para unha “ficticia capital cultural”.

 

“Vólvolle a pedir a Inés Rey que faga valer o seu peso político, si é que aínda lle queda algún, e faga a forza necesaria para que A Coruña non perda obras e actuacións que son fundamentais para o seu futuro”, dixo Lorenzo, quen anunciou que o Partido Popular seguirá traballando para sacar adiante algunha destas propostas no Senado.