Diego Calvo aposta polo “liderado” e a “valentía” de María Dolores Silva como candidata do PP para que “se volve a falar de Oleiros en positivo”

O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, avalou hoxe a María Dolores Silva Núñez, ‘Loli’, como candidata da súa formación á alcaldía do Concello de Oleiros nas eleccións municipais que se se celebrarán en próximo 28 de maio.

No acto celebrado esta tarde, e acompañado polo secretario xeral dos populares da provincia, Evaristo Ben, e polos militantes e simpatizantes do partido, Calvo referendou a aposta do seu partido por unha persoa que “demostrou ser valente polo paso á fronte que deu, ter carácter e estar preparada para liderar un proxecto no que puxemos moitas esperanzas”.

Licenciada e Xeografía e Historia, Silva Núñez leva 23 anos dedicada ao ensino, dos que, nos últimos seis, foi directora do CEIP Isidro Parga Pondal de Sta Cruz. “Ese temple, esa capacidade de xestión, ese saber escoitar a todo o mundo e o liderado que fuches forxando na túa actividade profesional seguro que che virán moi ben para o que te toca agora”, apuntou Calvo, quen destacou o compromiso dunha persoa, dixo, que decidiu saír da súa “zona de confort” para traballar polo benestar dos seus veciños.

Na súa intervención, o líder dos populares na provincia, que destacou o gran equipo de traballo co que conta a súa formación en Oleiros para arroupar á nova candidata neste reto, asegurou que o municipio necesita unha persoa que “sume e que non divida, que achegue solucións en lugar de crear problemas e que busque o consenso en lugar da confrontación”.

Neste sentido, Calvo incidiu na necesidade de que a seu partido se achegue aos veciños para “falar de Oleiros en positivo, para falar das oportunidades que se merecen os veciños de Oleiros, para falar de plans cos que este concello deixe de ser noticia sempre polos enfrontamentos”, reclamou o popular, quen destacou a “ilusión” que tramite a candidata popular e as “gañas” coas que afronta este reto.

Pasar páxina
O presidente do Partido Popular na provincia aproveitou tamén para subliñar que a cita coas urnas do próximo 28 de maio é un bo momento para pasar páxina no Concello de Oleiros. “É o momento de poñer fin a un Goberno Local caduco, é o momento de pasar páxina, de presentar aos veciños un proxecto que ilusións, que trate a todo o mundo por igual que e deixe atrás o sectarismo ao que estamos afeitos”, defendeu.

Pola súa banda, Silva Núñez, nas súas primeiras palabras agradeceu a confianza mostrada por todo o grupo municipal do Partido Popular de Oleiros, e comprometeuse a poñerse a traballar para seguir adiante cun proxecto que xa leva en marcha moitos meses.

“Estou aquí por dous motivos, un porque non dar o paso sería un acto de cobardía e eu, por encima de todo, son nai e para as nais a cobardía non existe no noso dicionario; e dous por responsabilidade e lealdade cara ás persoas que deron a cara durante os últimos catro anos”, explicou a popular.

Ademais, Silva Núñez, que se comprometeu a escoitar e a chegar a eses 10.000 veciños que non adoitan acudir ás urnas para votar nas municipais, subliñou que Oleiros é un concello cheo de oportunidades no que “queda moito por facer en matería de accesos e moito tamén por lograr en cousas que se poden mellorar”, concluíu.