• “Como partido é clave poder pulsar o día a do que sucede en todos os municipios. Só desta maneira podemos coñecer o que necesitan os nosos veciños e, só desta maneira, podemos adecuar todas as nosas propostas ás súas necesidades”, apuntou o líder popular
• Incidiu a “importancia” de contar cun partido “activo” e “dinámico” en canto ao seu funcionamento, e recalcou que este obxectivo é “determinante” o labor que realizan os concelleiros
• A xornada de traballo serviu para falar dos Dereitos e os Deberes dos Concelleiros no Ámbito Municipal’, do ‘Funcionamento dos Órganos Colexiados Municipais’ e da ‘Función de Control do Poder Municipal”
O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, enxalzou hoxe o labor que realizán dos 520 concelleiros que a súa formación ten repartidos ao longo dos 93 concellos coruñeses. “Eles son a verdadeira forza do noso partido, son os nosos mellores embaixadores, son as persoas que nos permiten ter un nexo de unión e de comunicación cos veciños de todos os municipios da provincia”, dixo.
Calvo aproveitou a clausura da III Convención de Concelleiros organziada pola dirección provincial para, acompañado polo secretario xeral, Evaristo Ben, encargado de inaugurar a xornada de traballo, e ante case 400 concelleiros, destacar que a súa formación é a única que conta con representación en todos e cada un dos concellos das provincia da Coruña. “Como partido é clave poder pulsar o día a do que sucede en todos os municipios. Só desta maneira podemos coñecer o que necesitan os nosos veciños e, só desta maneira, podemos adecuar todas as nosas propostas ás súas necesidades”, apuntou o líder popular.
Na súa intervención, Calvo, quen agradeceu aos responsables de poñer en marcha a convención Gonzalo Mora –coordinador de Formación provincial- e María González –coordinadora provincial de Participación- o seu empeño en sacar adiante unha xornada “fundamental” para o día a día dos concelleiros nos seus concellos, incidiu no “firme compromiso” do seu partido á hora de facilitar as ferramentas de traballo necesarias para todos os seus representantes.
“Para moitos de vós é a primeira vez nun concello, outros xa sodes veteranos, pero é certo que nunca se está do todo preparado para os retos da vida política municipal”, explicou Calvo, quen asegurou que este tipo de iniciativas son “máis que necesarias” para saber como sacar adiante moitos problemas técnicos e administrativos que se presentan.
Neste sentido, o líder dos populares na provincia incidiu a “importancia” de contar cun partido “activo” e “dinámico” en canto ao seu funcionamento, e recalcou que este obxectivo é “determinante” o labor que realizan os concelleiros. “No momento político no que nos atopamos, o voso traballo é máis importante que nunca á hora de trasladar as mensaxes e as ideas que defendemos como formación”, afirmou o popular quen advertiu que, á espera do que sucede co Goberno Central, o que é seguro é que “debemos estar máis e mellor preparados que nunca para afrontar nos próximos meses as eleccións autonómicas”.
A xornada de traballo
Antes de clausúraa, os concelleiros participaron nunha xornada de traballo divida en tres bloques. O primeiro deles impartido por Javier Abad –licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña e grado en Ciencias Xurídicas das administracións Públicas pola UNED e na actualidade xefe da Unidade de Coordinación e Asesoramento da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia- que abordou o tema dos ‘Dereitos e os Deberes dos Concelleiros no Ámbito Municipal’.
Posteriormente, Ana Otero –licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionaria de Administración Local con habilitación de carácter nacional e da Comunidade Autónoma de Galicia- tratou o ‘Funcionamento dos Órganos Colexiados Municipais’-
Por último, Alejandro Sánchez Brunete –asesor do Grupo Provincial do PP na Deputación da Coruña, con ampla experiencia en diversas institucións como a Xunta de Galicia e o Congreso dos Deputados, quen falou sobre a ‘Función de Control do Poder Municipal”.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742