Diego Calvo pide o apoio para Begoña Yáñez sexa a próxima alcaldesa de Miño e lembra que votar ao PSOE e avalar as políticas de Pedro Sánchez

O presidente provincial do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, avalou hoxe a Begoña Yáñez como candidata da súa formación nas eleccións municipais do próximo mes de maio, e subliñou que todo o que non sexa coller a papeleta dos populares nos comicios locais é referendar e apoiar a xestión de Pedro Sánchez á fronte do Goberno Central.

Acompañado polo secretario xeral dos populares, Evaristo Ben e arroupado por militantes e simpatizantes da formación local, Calvo referiuse a Begoña Yáñez como unha persoa “próxima, afeita traballar por e para os seus veciños” e disposta, dixo, a poñer en marcha políticas que dean un cambio de rumbo ao errático devir do municipio.

“Veño aquí a pedirvos que botedes unha man, que axudedes a Begoña a poder conseguir a alcaldía de Miño. Solos non o imos a conseguir, pero se o facemos entre todos, se nos implicamos todos, seguro que imos poder logralo”, dixo Calvo.

O presidente provincial referiuse ás persoas que conforman a lista como veciños que reflicten á perfección os valores do seu partido. “Eles teñen palabra, traballarán con vocación de servizo público e pensarán por encima de todo nas necesidades dos veciños”, asegurou Calvo, quen incidiu en que, pola súa banda, outras formacións só afrontarán os comicios locais “pensando en sumar para que non goberne o PP”.

“Todos somos conscientes de que temos a oportunidade de cambiar a situación que vive este concello, de que o equipo que hoxe presentamos está listo para ofrecer unha alternativa seria, serena e forte fronte a goberno caduco”, apuntou o presidente popular.

Calvo puxo de manifesto que os veciños de Miño non se resignan nin ante a parálise, nin frente ao acomodo no que vive os seu actual goberno municipal. “Témonos que rebelar contra todo eso. Asumir a responsabilidade que temos, non saír a por o aprobado e pelexar para que a xente que vive en Miño teñan todo o que se merecen”, dixo.

Primeira volta das xerais
No seu discurso, Calvo referiuse tamén á importancia que, ao seu xuízo, terá a cita do próximo 28 de maio. “Ese día xogámonos moito en todos os concellos, pero tamén en España”, apuntou o popular, quen non dubidou en asegurar que os resultados municipais veranse como unha primeira volta do que virá coas xeneral.

Por ultimo, o presidente popular salientou que o PPdeG está á alza e que os seus candidatos e candidatas se presentan “sen ningunha hipoteca e sen ningunha outra aspiración que ofrecer solucións aos problemas da cidadanía”.

Pola súa banda, Yáñez, que aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo realizado polos anteriores candidatos populares, incidiu en que chega á política para buscar “o ben común” de todos os veciños de Miño e recalcou o seu compromiso de abrir as portas do Partido Popular a todos aqueles que estean dispostos a botar unha man.