Diego Calvo pide o voto para que a provincia da Coruña sexa “clave” na primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda

“O día 18 votamos pola estabilidade da que levamos gozando desde hai 16 anos co Partido Popular, pola defensa dos intereses dos galegos e galegas con firmeza e pola visión dun futuro comprometido co benestar e o progreso da nosa terra”, afirmou Calvo

“Saímos a por todas. E facémolo convencidos de que os veciños da provincia da Coruña saberán valorar a xestión realizada á fronte da Xunta”, indicou o cabeza de lista pola provincia da Coruña

Calvo insistiu en que Galicia ten que seguir sendo unha comunidade “tranquila, cun goberno que xestione e que defenda os intereses dos galegos fronte a un PSdeG encartado ás directrices de Pedro Sánchez e a un BNG que quere converter Galicia na próxima Cataluña”

O cabeza de lista do Partido Popular pola provincia da Coruña ao Parlamento de Galicia, Diego Calvo, asegurou hoxe que a súa formación arrinca a campaña co obxectivo de repetir os resultados “espectaculares” que os populares coruñeses lograron na última cita autonómica e, desta maneira, ser “clave” na consecución da primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda como presidente da Xunta de Galicia.

Acompañado polo vicesecretario xeral do PP, Miguel Tellado, e por integrantes da lista popular, Calvo aproveitou o acto da pegada de carteis co que se dá inicio á campaña electoral para recalcar a “ilusión” coa que o seu partido afronta a convocatoria do próximo día 18.

“Por diante temos algo máis de dúas semanas para convencer aos veciños do moito que se xoga Galicia nestes comicios”, dixo Calvo, quen pediu o voto para Alfonso Rueda, convencido, indicou, de que o actual presidente do Gobierno Autonómico e todo o seu equipo saben “mellor que ninguén” o que necesitan e demandan os galegos.

“O día 18 votamos pola estabilidade da que levamos gozando desde hai 16 anos co Partido Popular, pola defensa dos intereses dos galegos e galegas con firmeza e pola visión dun futuro comprometido co benestar e o progreso da nosa terra”, afirmou Calvo, quen apuntou que fronte a todo esto temos “un bloque de partidos que só xerará inestabilidade, tal e como está a suceder no Goberno de España”.

Durante a súa intervención, o líder dos popular afirmou que o seu partido afronta esta campaña co obxectivo de reter as catorce actas de deputado conseguidas nas eleccións do 2020. “Saímos a por todas. E facémolo convencidos de que os veciños da provincia da Coruña saberán valorar a xestión realizada á fronte da Xunta”, indicou Calvo.

Neste sentido, o cabeza de lista pola provincia da Coruña insistiu en que, co panorama político actual que existe en España, Galicia ten que seguir sendo unha comunidade “tranquila, cun goberno que xestione e que defenda os intereses dos galegos fronte a un PSdeG encartado ás directrices de Pedro Sánchez e a un BNG que quere converter Galicia na próxima Cataluña”.

Por ulltimo, Diego Calvo insistiu na “importancia” de acudir ás urnas o próximo día 18 e advertiu de que ninguén pode dar a vitoria do PP por segura. “Temos que ir votar. E témolo que facer para non levar sorpresas desagradables. Témolo que facer para Galicia siga avanzando da man de Alfonso Rueda”, concluíu.