Diego Calvo pide “saír a por todas” e lograr maiorías suficientes que permitan “gobernos serenos e solventes” en Melide, Toques e Santiso

O presidente do Partido Popular na provincial da Coruña, Diego Calvo, aproveitou hoxe a súa intervención na presentación dos candidatos ás alcaldías dos concellos de Melide, Toques e Santiso para reclamar a Dalia Couso, Miguel Castro e David Leiva que “saian a por todas” nas próximas eleccións municipais para que os populares poidan lograr maiorías suficientes que permitan “gobernos serenos e solventes” na comarca.

Acompañado polo secretario xeral dos populares na provincia, Evaristo Ben, Calvo apelou ao “traballo, ilusión, fortaleza e unión” para alcanzar o obxectivo dos populares. “Só válenos lograr maiorías absolutas, sumar máis que todos os demais xuntos para que nos deixen gobernar”, apuntou o presidente popular, que pediu aos candidatos gañar para demostrar que o Partido Popular sabe facer política doutra maneira.

Neste sentido, o líder popular referiuse a Couso, Castro e Leiva como persoas que reflicten á perfección os valores do seu partido. “Eles teñen palabra, traballarán con vocación de servizo público e pensarán por encima de todo nas necesidades dos veciños”, asegurou Calvo, quen incidiu en que, pola súa banda, outras formacións só afrontarán os comicios locais “pensando en sumar para que non goberne o PP”.

O presidente popular aproveitou a súa intervención para poñer de manifesto que os veciños da comarca non se resignan nin ante a parálise, nin frente ao acomodo no que viven os seus actuais gobernos municipais. “Témonos que rebelar contra todo eso. Asumir a responsabilidade que temos, non saír a por o aprobado e pelexar para que a xente que vive en Melide, Toques e Santiso teña todo o que se merece”, dixo.

Primeira volta das xerais
No seu discurso, Calvo referiuse tamén á importancia que, ao seu xuízo, terá a cita do próximo 28 de maio. “Ese día xogámonos moito en todos os concellos, pero tamén en España”, apuntou o popular, quen non dubidou en asegurar que os resultados municipais veranse como unha primeira volta do que virá coas xeneral.

“Temos que votar pensando nos nosos concellos, pero tamén facelo sabendo que cada voto que sume o PSOE servirá para apoiar ao Goberno de Pedro Sánchez”, asegurou Calvo, quen lembrou que foron os socialistas os responsables da lei do Só si é si, que son os mesmos que poñen o futuro de España en mans de formacións que queren marchar do país, os que miran para outro lado ante a subida de prezos ou o incremento de impostos.

Con todo esto, o líder dos populares na provincial defendeu que hai “moitos motivos de peso” para coller a papeleta do PP o próximo 28 de maio. “Pídovos axuda para recuperar os gobernos de Toques, Melide e Santiso, pero tamén vos pido axuda para que lle lembremos a Sánchez que o seu tempo na Moncloa está a chegar á súa final”, concluíu Calvo.