Diego Calvo pídelle ao PP que se converta no “despertador” que a A Coruña necesita para saír do letargo no que se atopa

O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, asegurou hoxe, na súa intervención no congreso local do PP de A Coruña, que Miguel Lorenzo é a persoa «perfecta” para capitanear a nave dos populares na cidade de A Coruña e dirixila rumbo á maioría necesaria para recuperar o goberno de María Pita nas eleccións municipais do próximo ano.

Acompañado polo presidente autonómico do PP, Alfonso Rueda, polo secretario xeral dos populares na provincia de A Coruña, Evaristo Ben, Calvo felicitou ao novo presidente local polo respaldo logrado –92% dos votos- na celebración dun congreso que cualificou como o “pistoletazo de saída” dunha carreira que, dixo, levará a Miguel Lorenzo a converterse no próximo alcalde da cidade herculina.

“Miguel, hoxe comeza a conta atrás. Hoxe poñemos as bases do noso obxectivo. Sabemos a onde queremos ir e ímolo a conseguir”, asegurou o popular, quen reclamou o apoio e o trabo de toda a familia popular. “Necesitámosvos a todos. Só poderemos alcanzar este reto si sumamos as nosas forzas, si deixamos de lado os individualismos e pensamos no ben común. Un ben común que é o Partido Popular de A Coruña e, por encima de todo, a cidade de A Coruña e os seus veciños”, subliñou.

Un bo momento para o PP

Nesta liña, o presidente dos populares na provincia incidiu na necesidade de “crecer para sumar, e de sumar parar gañar”. Sobre esta idea, Calvo insistiu en que o PP debe ser ese partido que ilusione, que propoña medidas, que aglutine as necesidades da xente e que, sobre todo, presente esa alternativa que están a esperar en todos os barrios da cidade.

“A Coruña está a desexar espertarse do letargo no que leva inmerso os últimos anos e nós, desde o PP da Coruña, debemos ser ese despertador que permita á cidade volver ser a referencia de Galicia”, afirmou Calvo.

O presidente provincial aproveitou tamén para facer fincapé en que o reto de alcanzar a alcaldía é unha realidade. Unha realidade, dixo, igual que a é o feito de que os populares lideren xa todas as enquisas a nivel nacional ou que gobernen Andalucía desde a maioría absoluta.

“Seguro que si vos digo estas cousas hai uns meses pensariades que estou tolo. Pois hoxe son dúas realidades, igual que é real que Miguel Lorenzo estea máis que preparado para ser o próximo alcalde da cidade”, afirmou.

Neste sentido, o presidente provincial encomiou as virtudes do novo presidente local, de quen destacou a súa experiencia como concelleiro de goberno, como deputado e como senador. “Ninguén mellor que ti para tomar as rendas da cidade. Ninguén mellor que ti para coñecer o que se necesita e como conseguilo”, concluíu Calvo.