Diego Calvo reclama “traballo, ilusión, fortaleza e unión” para lograr unha maioría que permita poñer fin ao “despropósito” que existe en Fene

O presidente do Partido Popular na provincial da Coruña, Diego Calvo, aproveitou hoxe a súa intervención na presentación do candidato a alcaldía do Concello de Fene para reclamar a Gumersindo Galego que “saia a por todas” nas próximas eleccións municipais para que os populares poidan lograr unha suficientes que permita poñer fin ao “despropósito” de goberno que existe no municipio.

Calvo apelou ao “traballo, ilusión, fortaleza e unión” para alcanzar o obxectivo dos populares. “Só válenos lograr unha maoría absoluta, sumar máis que todos os demais xuntos para que nos deixen gobernar”, apuntou o presidente popular, que pediu ao candidato gañar para demostrar que o Partido Popular sabe facer política doutra maneira.

Neste sentido, o líder popular referiuse a Galego como unha persoa que reflicten á perfección os valores do seu partido. “El ten palabra, traballará con vocación de servizo público e pensará por encima de todo nas necesidades dos veciños”, asegurou Calvo, quen incidiu en que, pola súa banda, outras formacións só afrontarán os comicios locais “pensando en sumar para que non goberne o PP”.

O presidente popular aproveitou a súa intervención para poñer de manifesto que os veciños de Fene non se resignan nin ante a parálise, nin frente ao acomodo no que vive o actual goberno municipal. “Témonos que rebelar contra todo eso. Asumir a responsabilidade que temos, non saír a por o aprobado e pelexar para que a xente que vive en Fene teña todo o que se merece”, dixo.

El líder provincial quixo poñer en valor o labor realizado por Galego durante a súa etapa á fronte do goberno local, un período, dixo, no que o ex rexedor popular foi capaz de sacar adiante as obras incluídas nos plans provinciais e que o anterior executivo tivo paralizadas durante cinco anos. “Temos un candidato que vén avalado por un traballo, que vén avalado por todo o que logrou para mellorar a calidade de vida dos veciños de Fene. Outros, pola súa banda, non foron capaces nin de poñer ao dispor da Xunta os terreos necesarios para a construción dun novo centro de saúde”, apuntou Calvo.

Lonxe de quedarse aquí, o presidente popular censurou tamén que o Goberno Local “mire para outro lado” ante a situación que vive Navantia, ou quede de “brazos cruzados” mentres as empresas seguen sen instalarse no polígono industrial de Vilar do Colo.

Primeira volta das xerais
No seu discurso, Calvo referiuse tamén á importancia que, ao seu xuízo, terá a cita do próximo 28 de maio. “Ese día xogámonos moito en todos os concellos, pero tamén en España”, apuntou o popular, quen non dubidou en asegurar que os resultados municipais veranse como unha primeira volta do que virá coas xeneral.

“Temos que votar pensando nos nosos concellos, pero tamén facelo sabendo que cada voto que sume o PSOE servirá para apoiar ao Goberno de Pedro Sánchez”, asegurou Calvo, quen lembrou que foron os socialistas os responsables da lei do Só si é si, que son os mesmos que poñen o futuro de España en mans de formacións que queren marchar do país, os que miran para outro lado ante a subida de prezos ou o incremento de impostos.

Con todo esto, o líder dos populares na provincial defendeu que hai “moitos motivos de peso” para coller a papeleta do PP o próximo 28 de maio. “Pídovos axuda para recuperar o goberno de Fene, pero tamén vos pido axuda para que lle lembremos a Sánchez que o seu tempo na Moncloa está a chegar á súa final”, concluíu Calvo.