Diego Calvo reclama xenerosidade, integración e máximo esforzo para “seguir sumando” en aras dun PP “cada día máis necesario”

Reelixido como presidente do Partido Popular na provincia da Coruña –co 96% dos votos emitidos- no 16 Congreso que a súa formación celebrou na mañá de hoxe, Diego Calvo aproveitou o seu primeiro discurso para reclamar aos seus xenerosidade, renovación integradora e máximo esforzo para “seguir sumando” en aras de reforzar un partido “cada día máis necesario” para unha sociedade, dixo, marcada na actualidade pola desafección cara á clase política e pola inestabilidade social e económica xerada polo actual Goberno Central.

 

Acompañado polos líderes autonómicos de Galicia e de Murcia, Alberto Núñez Feijoo e Fernando López Miras, polo secretario xeral dos populares, Teodoro García Egea, polos presidentes das deputacións de Alacante e de Almería, Carlos Mazón e Javier Aureliano, e o alcalde de Zaragoza, Jorge Azcón, Calvo agradeceu o apoio recibido  e reivindicou a súa intención de seguir construíndo un PP provincial “forte, orgulloso, presente ata no último recuncho do territorio, convencido do que quere e con ganas de gañar”.

 

Do mesmo xeito que fixese no Congreso provincial do 2016, Calvo volveu rebelarse contra as chamadas ‘novas políticas’ baseadas, explicou, en líderes que reivindican non facer nada na vida para poder facer algo, que prometen o que saben que é imposible de cumprir e que menten sen escrúpulos para gañar un titular. “No Partido Popular entendemos de malas políticas e de boas. E das segundas temos un gran exemplo en Galicia con Alberto Núñez Feijoo”, subliñou Calvo, de quen resaltou a capacidade do presidente da Xunta para pensar nos cidadáns mediante políticas baseadas na prudencia, a responsabilidade, a experiencia e a coherencia das súas accións.

 

“Este é o camiño que seguimos en Galicia e que pronto seguirá o noso presidente Pablo Casado en España. Un camiño que sacará a este país da crise, que permitirá impor reformas e non recortes, que ofrecerá feitos e non falsas esperanzas e que nos fará ver inimigos só nos inimigos da Democracia”, indicou Calvo.

 

Cinco anos de moito traballo

Tras aproveitar para facer un repaso de toda a súa traxectoria política e agradecer o apoio recibido pola súa familia durante todos estes anos, o popular detívose no traballo realizado desde que foi nomeado presidente provincial no ano 2016. Un labor, explicou, encamiñada a aglutinar o centro dereita en todos os concellos, a reforzar os equipos con novas incorporacións, a apuntalar a formación dos concelleiros en materia de redes sociais, oratoria e coñecemento da lexislación municipal e, sobre todo,  estar preto da xente.

 

“Tentamos estar aí, en todo o territorio, con presenza física, escoitando a todo o mundo e con accións en todas as comarcas. É a única maneira que sabemos de facer política, e é a maneira que nos permitiu, entre outras cousas, lograr que a provincia teña 14 deputados no Parlamento galego”, dixo Calvo.

 

No seu repaso, o líder provincial tamén tivo tempo para lembrar aos que nos deixaron tras a pandemia da Covid-19 e aos que arrimaron o ombreiro durante os últimos anos nos diferentes postos da formación. Neste sentido, Calvo mostrou especial atención ao labor realizado por alcaldes e portavoces, aos que se referiu como “heroes da política en maiúsculas” por estar, dixo, sempre á beira dos seus veciños.

 

Nova etapa

Coa mente posta xa no futuro e na nova etapa que se abre no Partido Popular da provincia da Coruña, Calvo mostrouse “máis ilusionado e con todas as ganas do mundo” para, indicou, volver poñer de moda a boa política, a que crea emprego, baixa impostos, inaugura colexios e instituto, amplía centro de saúde e mellora os transportes.

 

Para iso, o líder coruñés reclamou á seus xenerosidade tanto para dar un paso á fronte como para dar un paso á beira. “Chegado o momento dunha renovación integradora debemos implantala sen problemas, sen facernos trampas e sen impedir que o partido se beneficie de caras e de incorporacións novas”, reclamou Calvo, quen subliñou que a renovación pode ser sinónimo de forza e de melloría, pero nunca de ruptura, nin de esquecer o pasado.

 

“Nós non somos nin o PSOE, nin o BNG, nós non deixamos a ninguén atrás, nin deixamos cadáveres polo camiño, na casa do Partido Popular cabemos todos, por iso entendemos a política como servizo público, como medio para axudar á xente e como un vehículo para solucionar os problemas dos veciños”, subliñou.

 

Por último, Calvo, pidió más apoyo que nunca para liderar un proyecto “ambicioso” e “ilusionante” que llevará al Partido Popular, aseguró,  a recuperar la confianza que nunca debió perder, y a conseguir que las próximas elecciones locales se parezcan más a las del 2011 y a las autonómicas del 2020 que a las locales del 2019.

 

A nova estrutura da dirección provincial encabezada por Diego Calvo inclúe a creación dun Comité de Alcaldes, un Comite de Igualdade, un Comite de Asesores Externos e incorpora unha rede de Vicesecretarías Territoriais que darán convertura ás 93 xuntas locais