Diego Calvo visita as instalacións da empresa Horta da Terra en Miño

O presidente provincial do Partido Popular, Diego Calvo, visitou esta mañá as instalacións da empresa Horta DaTerra en Miño, actualmente en obras para a construcción dun centro de formación e divulgación gastronómico que pretenden abrir ao longo do mes de agosto.

A responsable da empresa, Cristina Bañobre, explicou ao popular os pormenores da obra, e relatou os proxectos que ten en mente de cara ao próximo outono, á vez que relatou os inicios da súa marca, destinada á producción, envase e comercialización de produtos agrícolas, sobre todo patacas, cebolas e grelos.

O investimento total estimado para a construción do centro, que constará de dous edificios, é de 600.000 euros, e o seu obxectivo é realizar actividades formativas continuas e i+d+i vinculadas co seu produtos. Na mesma zona haberá tamén tres hectáreas de producción ecolóxica.