Ethel Vázquez destacou a aposta do Partido Popular polo desenvolvemento de infraestruturas estratéxicas na área metropolitana da Coruña

Ethel Vázquez destacou a aposta do Partido Popular polo desenvolvemento de infraestruturas estratéxicas que contribúan á dinamización da economía e o emprego na área metropolitana da Coruña.

Ademais, convidou sector empresarial a unirse á reivindicación de para que se execute a conexión ferroviaria do Porto Exterior. Trátase, sinalou, dunha infraestrutura fundamental para a competitividade de toda a área, que conta ademais cun proxecto construtivo e cuxa licitación chegou a ser anunciada polo Goberno de España no Diario Oficial da Unión Europea.

Ethel Vázquez fixo un repaso polas obras desenvolvidas na última década pola Xunta con ese obxectivo, como a Terceira Rolda, que supuxo un investimento de 80 millóns de euros nos peores anos da crise económica e foi decisiva para a mobilidade das zonas empresariais da Grela, Pocomaco e Vío. Ou á Vía Ártabra, na que se investiron xa 70 millóns de euros e que está a prolongarse cun investimento doutros 40 millóns para conectala coa AP-9 en beneficio dos municipios de Oleiros, Cambre e Sada.

Ademais, referiuse ao eixe dos polígonos de Sabón e Morás en Arteixo, como unha referencia no traballo da Xunta polo desenvolvemento industrial da Coruña. Salientou as obras viarias como a glorieta sobreelevada, o aumento da capacidade da avenida de Vilarrodís, o desdobramento da avenida da Deputación e, moi especialmente, os máis de 100 millóns de euros investidos no desenvolvemento do polígono de Morás, que hoxe ten o 70% do seu solo adxudicado.