Evaristo Ben di que Rubén Suárez é hoxe “aínda moito mellor” que fai catro anos e asegura que é o momento de que “tome as rendas de Negreira”

O secretario xeral do Partido Popular na provincia da Coruña, Evaristo Ben, avalou hoxe a Rubén Suárez como candidata da súa formación nas eleccións municipais do próximo mes de maio, e subliñou que todo o que non sexa coller a papeleta dos populares nos comicios locais é referendar e apoiar a xestión de Pedro Sánchez á fronte do Goberno Central.

Acompañado pola secretaria territorial do PP na provincia da Coruña, Rosa Quinta, e arroupado por militantes e simpatizantes da formación local, Ben puxo en valor o traballo feito por Suárez nos últimos catro anos e aseguro que o candidato popular “é hoxe aínda mellor que fai catro anos, ten máis ilusión e máis experiencia para tomar as rendas do Goberno de Negreira”.

Ademais de facer fincapé no potencial do candidato, Ben quixo tamén ter unas palabras de agradecemento a todo o equipo que rodea a Suárez. “Temos un grandísimo candidato, pero o mellor de todo é que tamén temos un grandísimo equipo que, en todo este tempo, soubo estar a carón de Rubén para facer oposición, para chegar a todos os recunchos de Negreira e para coñecer as necesidades e as demandas dos veciños”, indicou.

Consciente de que nas últimas municipais o Partido Popular quedou a un puñado de votos de alcanzar a maioría para gobernar, Ben mostrouse convencido de que nesta ocasión a súa formación logrará o obxectivo. “Veño aquí a pedirvos que botedes unha man, que axudedes a Rubén a poder conseguir a alcaldía de Negreira. Estou convencido de que o ides conseguir porque o merecedes e porque tedes traballado e seguides traballando para que así sexa”, afirmou.

Primeira volta das xerais
Noutro orde de cousas, o popular sinalou que as municipais dentro de catro meses son unha cita de “vital importancia”, para iniciar o “cambio político” que necesitan as nosas cidades, que necesita a Deputación da Coruña e que necesita España e os españois.

“Estamos seguros de que o bo resultado nas municipais que vai acadar o PP de Galicia suporá tamén un empurrón para que Alberto Núñez Feijóo poida ser presidente de España”, avanzou o secretario xeral que engadiu que a formación vai traballar “con esa ilusión e ese acicate”.

Sobre este asunto, Ben apuntou que as eleccións municipais do próximo mes de maio son “unha primeira volta” das xeneral que, á súa entender, celebraranse a finais de ano. “É o momento de dicirlle a Pedro Sánchez que o seu tempo na Moncloa acábase. En maio teremos a primeira oportunidade de ensinarlle o camiño de saída, de deixarlle claro que non avalamos as súas políticas á fronte do Gobierno Central e, a única maneira de facelo é collendo a papeleta de PP en todos e cada un dos municipios”, apuntou.

Lonxe de quedarse aquí, o secretario xeral incidiu en que, en Negreira, é necesario facerlle ver aos veciños de que non hai dous tipos de PSOE. “Que non vos enganen, o único PSOE que existe é o PSOE de Pedro Sánchez, o mesmo PSOE que provocou que Negreira non pare de perder oportunidades”, afirmou.

Pola súa banda, Suárez, que aproveitou a súa intervención para agradecer o apoio de todos os integrantes do PP de Negreira, e comprometeuse a traballar para darlle aos veciños todo o que se merecen. “Nos últimos oito anos non se levou a cabo a transformación que merecía e necesitaba este concello. Non houbo inversións de ningún tipo e non se coidou da xente maior. Nós estamos preparador para facelo”, concluíu.