Evaristo Ben insiste: “O culpable do problema do POS de Ponteceso chámase García Carballido e apelídase PSdeG”

O vicesecretario xeral de Organización e Territorio do Partido Popular na provincia da Coruña, Evaristo Ben, saíu hoxe ao paso das declaracións do alcalde de Ponteceso, García Carballido, nas que o rexedor acusa aos concelleiros populares e aos cinco ex integrantes da agrupación socialista local de ser os responsables de que os veciños queden sen a axuda de 758.000 euros, correspondente ao Plan de Obras e Servizos (POS) que a Deputación da Coruña adxudica a cada un dos municipios da provincia.

“Unha mentira repetida moitas veces non se converte nunha verdade”, subliñou Ben, quen lembrou que o único responsable de que o pleno municipal non aprobase por maioría unha proposta para o POS é o rexedor. “O culpable de todo este problema chámase García Carballido e apelídase PSdeG”, dixo.

Neste sentido, o popular incidiu unha vez máis en que os veciños de Ponteceso non se merecen sufrir as consecuencias que se derivan de contar cun rexedor “incapaz de chegar a acordos” na corporación entre outras cousas, dixo, porque viu como cinco do seu oito concelleiros marcharon do grupo de goberno co que inicio o mandato.

“Se cadra o Partido Popular tamén ten a culpa de que a lista que elaborou libremente o señor García Carballido para acudir ás municipais saltase polos aires, se cadra, a crise interna da súa formación que o deixo en nunha minoría absoluta é responsabilidade do noso partido”, ironizou Ben, quen afirmou que, de ter “un pouco de vergoña” e de “responsabilidade política” o rexedor xa dimitiría hai tempo.

Sobre este asunto, o vicesecretario xeral de Organización e Territorio, cualificou de “moi grave” que a dirección do PSdeG na provincia da Coruña, e en concreto o seu secretario, Valentín González Formoso, siga “mirando para outro lado e sen facer absolutamente nada” para impedir que os veciños de Ponteceso paguen as consecuencias da “irresponsabilidade dun alcalde socialista”.

“Iríanos moito mellor a todos si, en lugar de buscar culpables, o rexedor dedicásese no seu día a acordar unha proposta que presentou tarde mal e arrastro o último día, ou si o señor González Formoso tomase cartas no asunto e cesase a unha persoa que, non só pon en perigo o POS do 2021, senón que tamén poderá en perigo o do 2022”, concluíu Ben.