• “De convidar a alguén, o señor Formoso debería convidar a algún deputado do Partido Popular como forza maioritaria da corporación provincial”, dixo o popular
• “Non imos permitir que unha institución histórica como a Deputación da Coruña convértase nun instrumento político en favor dun partido político ou para impulsar a carreira política dunha persoa”, advertiu
O voceiro do grupo do Partido Popular na Deputación da Coruña, Evaristo Ben, avanzou hoxe que trasladará no próximo pleno o malestar que existe na súa formación polo “uso partidista” que González Formoso realiza da institución provincial.
En concreto, os populares censuran a presenza do presidente da Comisión de Transportes do Congreso, José Ramón Gómez Besteiro, na visita que González Formoso realizou como máximo responsable da institución provincial esta mañá ás instalacións que a empresa Navantia ten en Ferrol.
“Non entendemos a presenza de González Besteiro nun acto institucional relacionado coa Deputación da Coruña”, subliñou Ben, quen incidiu que, ante esta situación, a súa formación pedirá explicacións no próximo pleno provincial. “De convidar a alguén, o señor Formoso debería convidar a algún deputado do Partido Popular como forza maioritaria da corporación provincial”, dixo.
Neste sentido, Ben incidiu en que non é a primeira vez que o presidente provincial utiliza a Deputación da Coruña con fins que “pouco ou nada” teñen que ver co servizo que a institución provincial debe prestar aos veciños dos 93 concellos coruñeses.
Unha institución histórica
“Non imos permitir que unha institución histórica como a Deputación da Coruña convértase nun instrumento político en favor dun partido político ou para impulsar a carreira política dunha persoa”, advertiu Ben, quen cargou contra González Formoso a quen acusou de ter perdido fai tempo o significado e a responsabilidade que ten o cargo de presidente provincial.
Por último, o voceiro popular avanzou tamén que a súa formación quere coñecer o motivo da presenza de Gómez Besteiro na visita a Navantia e avanzou que estará pendente de que non se repitan situacións similares.