Evaristo Ben pide o apoio para Begoña Yáñez na súa carreira á alcaldía de Miño e lembra que todo o que non sexa apoiar ao PP é avalar a Sánchez

O secretario xeral do Partido Popular na provincia da Coruña, Evaristo Ben, avalou hoxe a Begoña Yáñez como candidata da súa formación nas eleccións municipais do próximo mes de maio, e subliñou que todo o que non sexa coller a papeleta dos populares nos comicios locais é referendar e apoiar a xestión de Pedro Sánchez á fronte do Goberno Central.

Acompañado pola secretaria territorial do PP na provincia da Coruña, Ethel Vázquez, e arroupado por militantes e simpatizantes da formación local, Ben a predisposición de Yáñez para dar un paso á fronte e liderar a candidatura ás municipais. “Moitas grazas Begoña. Grazas pola túa valentía, por poñerte ao dispor de traballar polos teus veciños e grazas tamén a Jesús Veiga e a todo o seu equipo pola súa xenerosidade á hora de dar un paso á beira e apoiar esta candidatura”, dixo.

Ademais de apelar á unión, Ben insistiu na necesidade de conformar equipos capaces de manter “activo” o partido, con xente que poida chegar a todos os recunchos do municipio para, apuntou o popular, trasladar a todos e cada un dos veciños de Miño a necesidade de “reconducir” o concello.

“Veño aquí a pedirvos que botedes unha man, que axudedes a Begoña a poder conseguir a alcaldía de Miño. Solos non o imos a conseguir, pero se o facemos entre todos, se nos implicamos todos, seguro que imos poder logralo”, dixo Ben.

Primeira volta das xerais
Noutro orde de cousas, o popular sinalou que as municipais dentro de cinco meses son unha cita de “vital importancia”, para iniciar o “cambio político” que necesitan as nosas cidades, que necesita a Deputación da Coruña e que necesita España e os españois.

“Estamos seguros de que o bo resultado nas municipais que vai acadar o PP de Galicia suporá tamén un empurrón para que Alberto Núñez Feijóo poida ser presidente de España”, avanzou o secretario xeral que engadiu que a formación vai traballar “con esa ilusión e ese acicate”.

Sobre este asunto, Ben apuntou que as eleccións municipais do próximo mes de maio son “unha primeira volta” das xeneral que, á súa entender, celebraranse a finais de ano. “É o momento de dicirlle a Pedro Sánchez que o seu tempo na Moncloa acábase. En maio teremos a primeira oportunidade de ensinarlle o camiño de saída, de deixarlle claro que non avalamos as súas políticas á fronte do Gobierno Central e, a única maneira de facelo é collendo a papeleta de PP en todos e cada un dos municipios”, apuntou.

Pola súa banda, Yáñez, que aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo realizado polos anteriores candidatos populares, incidiu en que chega á política para buscar “o ben común” de todos os veciños de Miño e recalcou o seu compromiso de abrir as portas do Partido Popular a todos aqueles que estean dispostos a botar unha man.