Gonzalo Trenor acusa a Gonzalez Formoso de “abdicar” nas súas funcións como presidente da Deputación da Coruña

O deputado autonómico do Partido Popular, Gonzalo Trenor, aproveitou hoxe a intervención de Valentín González Formoso ante a Comisión 3ª do Parlamento de Galicia para acusar ao máximo mandatario da institución provincial de “abdicar” das súas responsabilidades como presidente da Deputación da Coruña.

 

“Na Coruña hai unha administración provincial pero a provincia carece dun Goberno provincial. Hai unha unidade de gasto, un conxunto de recursos materiais e humanos pero non hai un goberno provincial que lidere, que coordine, que impulse, que teña obxectivos, que faga máis eficiente e oriente mellor a actividade administrativa e os recursos públicos”, afirmou Trenor.

 

Nesta línea, o deputado dos populares denunciou que a execución orzamentaria global alcanza só o 42%. “Seis de cada dez euros dos que dispuxo a Deputación en 2024 quedaron sen gastar nos bancos. A peche do exercicio de 2024 o Goberno provincial acumulou en entidades bancarias a escandalosa cantidade 410 millóns de euros”, lamentou Trenor.

 

Lonxe de quedarse neste dato, o popular calificou de “vergoñento” a inexecución orzamentaria que existe en partidas tan importantes como a correspondente ao Plan de Vías Provinciais. “Dos 27 millóns de euros, só 11 foron executados no 2024, pero todavía e máis grave que no Plan de Conservación destas vías só se executaran 10 dos 24 millóns”, dixo Trenor.

 

Un goberno sen obxectivos

O popular aproveitou tamén a súa intervención para acusar ao Goberno Provincial de non ter obxectivos para melloar a vida da veciñanza. “Non se están a establecer prioridades ou plans específicos á hora de fixar o destino das axudas, co fin de que con iso se mellore a converxencia dos concellos no que se refire a servizos básicos como o abastecemento ou o saneamento”, apuntou.

 

Nesta senso, o popular acusou ao goberno provincial de non comprometerse cos principios de solidariedade e equilibrio entre concellos, xa sexa articulando plans específicos para os municipios máis desfavorecidos na dotación dalgunhas infraestruturas básicas ou xa sexa mellorando os criterios de distribución dos fondos do POS.

 

“O Goberno provincial non mostra o menor interese en estudar o custo efectivo da prestación de servizos por parte deses concellos de menos de 20.000 e non mostra o menor interese en ofrecerlles formas de xestión conxunta, máis eficientes, que reduzan ese custo con economías de escala”, afirmou o popular.

 

Trenor defendeu que é de “urxencia máxima” que os concellos da provincia conten cun Servizo de Asistencia aos Municipios dotado de persoal e recursos, de tal forma que poidan usalo para a redacción duns pregos, para a tramitación de axudas europeas ou para redacción de proxectos.

 

En canto a racionalización do gasto público das subvencións, Trenor cargou contra un Goberno provincial que, na súa opinión, leva a cabo unha política de costas a outras administracións públicas. “Espállase o diñeiro, subvenciónanse actividades que non son de competencia propia da deputación e renúnciase a avaliar a sustentabilidade económica e a rendibilidade social de moitas actividades subvencionadas”, indicou

 

En definitiva, Trenor afirmou que a veciñanza padece as consecuencias dun Goberno provincial “marcado pola incompetencia e pola desidia” que, segundo o popular, trata de tapar con accións propagandísticas de toda índole.