- Puxo en valor os 3,3 millóns de euros que o Goberno Galego destinará para o funcionamento diario e a instalación de placas solares da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física en Oleiros
- O popular fixo unha mención especial aos 10,2 millóns de euros que recibirá a planta clasificadora de residuos téxtiles en Sogama, e aos 2,8 millóns que o Goberno Autonómico destinará á compra de chan para a construción de vivenda pública
- Trenor apuntou que a inversión en política social céntrase na atención á dependencia, así como o fomento de emprego e as rebaixas fiscais para favorecer a emancipación e o acceso á vivenda da xóvenes
O deputado autonómico do Partido Popular de Galicia, Gonzalo Trenor, asegurou hoxe que os orzamentos autonómicos presentados o pasado sábado confirman unha ano máis o compromiso da Xunta de Galicia coa comarca e os veciños de A Coruña, que este ano recibirá de forma directa máis de 24 millóns de euros.
Analizadas as contas galegas para o ano 2025, o popular puxo en valor os 3,3 millóns de euros que o Goberno Galego destinará para o funcionamento diario do centro e para a instalación de placas solares, que permitirán unha mellora enerxética das instalacións.
A esta cantidade, a Xunta sumará os 400.000 euros que destinará para a primeira anualidade da reforma do IES Miraflores, tamén no concello de Oleiros.
En Culleredo, pola súa banda, os 2,5 millóns de euros recolleitos no documento permitirán poñer en marcha a primeira fase do parque de skate cuberto no complexo deportivo que a Xunta ten en Acea de Ama. “Falamos dunha actuación moi demandada polos usuarios e que terá continuidade en anos posteriores”, apuntou Trenor.
O popular non quixo esquecerse tampouco dos 2,7 millóns que permitirán seguir adiante coas obras de urbanización do parque empresarial de Morás (Arteixo) e que, segundo Trenor, son de “vital importancia” para poñer punto e final en breve a un proxecto “fundamental” para a actividade económica de toda a comarca.
Neste municipio tamén, a Xunta prevé destinar dous millóns de euros para a ampliación do IES Pastoriza -10 aulas máis e patio cuberto- e achegará 367.000 euros para o abastecemento de auga en Larín e en Monteagudo.
En material de saúde, o deputado autonómico insistiu na “firme vontade” que o Goberno Autonómico mantén por mellorar e ampliar os servizos sanitarios, de aí o montante de 2,1 millóns de euros para seguir coas escavacións iniciadas no mes de xullo e co resto do proxecto.
10 millóns para Sogama
Pola outra banda, Trenor fixo unha mención especial aos 10,2 millóns de euros que recibirá a planta clasificadora de residuos téxtiles en Sogama, e aos 2,8 millóns que o Goberno Autonómico destinará á compra de chan para a construción de vivenda pública.
En canto ás políticas que favorecen directamente ás persoas, ademais do investimento en educación e sanidade, Trenor apuntou que a inversión en política social céntrase na atención á dependencia, así como o fomento de emprego e as rebaixas fiscais para favorecer a emancipación e o acceso á vivenda da xóvenes, e a inversión que permitirá aliviar a presión sobre as familias con menos impostos en sucesións, transmisións e outros.