Jesús Picallo lémbralle á alcaldesa que a prestación do servizo de socorrismo é una competencia estritamente municipal

El portavoz del grupo municipal del Partido Popular en el Concello de Cee, Jesús Picallo, lembroulle hoxe á alcaldesa, Margarita Lamela, que a presetación do servizo de socorrismo é unha competencia estritamente municipal.

O popular saliu así ao paso das declaracións da alcaldesa de Cee nas que a señora Lamela responsabiliza á Xunta da falta de socorristas nos areais deste municipio. “Xa está ben de tratar de enganar á veciñanza. A prestación deste servizo é de competencia estritamente municipal e a Xunta unicamente regula a formación que deben reunir. Ela o sabe perfectamente é o único que busca es confrontar para que non se fale de que no resto de municipios da comarca hai sococorristas e en Cee non”, afirmou Picallo.

A maiores, dixo o popular, a Administración autonómica, no marco do seu apoio aos servizos de emerxencia municipais, creou en 2024 unha liña de axudas, dotada con 1,5 millóns de euros, para contribuír a cubrir os gastos da contratación de socorristas durante o verán.

“O Concello de Cee, que en 2024 non solicitou a axuda, presentou solicitude na convocatoria de 2025 e recibiu unha subvención de 7.500 euros concedida en réxime de concorrencia competitiva”, afirmou Picallo, quen engadiu que, a señora Lamela, sabía que, no caso de que non se contratase o servicio tal e como se establecía na solicitude, no momento da xustificación da mesma, se realizaría a minoración correspondente..

“Unha vez máis a alcaldesa quere eludir a súa responsabilidade culpando a unha administración sen competencias na materia”, afirmou o popular que sinalou que a lei de Costas establece como competencia municipal, entre outras, “manter as praias e lugares públicos de baño nas debidas condicións de limpeza, hixiene e salubridade, así como vixiar a observancia das normas e instrucións ditadas pola Administración do Estado sobre salvamento e seguridade das vidas humanas”.

“En lugar de botar balóns fora, o que debería facer a señora Lamela é pedir desculpas á veciñanza de Cee, recoñecer o error e tratar de que non se repita”, dixo Picallo, quen lamentou que o municipio sufra, una vez máis, as consencuencias de a “incapacidade” da alcaldesa para xestionar o concello.