Cee

Esteban Abeijón encabezará a lista do PP con obxectivo de recuperar a alcaldía no Concello de Cee

Esteban Abeijón Lema (Suiza, 1972) é o novo candidato do Partido Popular á alcaldía de Cee, unha designación refrendada polo partido tanto a nivel local como provincial. Así se deu a coñecer no acto celebrado hoxe en Cee, no que o secretario xeral dos populares na provincia de A Coruña, Evaristo Ben trasladou o respaldo da organización ao novo candidato e apelou á unidade e ao traballo conxunto para afrontar os retos electorais nacionais e locais dos vindeiros meses.  Na súa intervención, Ben quixo recoñecer expresamente o traballo feito por Jesús Picallo, de quen destacou a súa dedicación, o seu compromiso e o esforzo realizado durante a súa etapa á fronte do proxecto popular en Cee.   “Quero agradecerlle a Jesús o traballo realizado, o seu compromiso co partido e con Cee, e a dedicación que demostrou durante todo este tempo. Saber dar un paso ao lado cando chega o momento de abrir unha nova etapa tamén é unha mostra de xenerosidade e de compromiso co proxecto colectivo”, afirmou.   O dirixente provincial incidiu tambén que o PP de Cee afronta agora unha nova fase na que resulta fundamental sumar vontades, deixar atrás posibles diferenzas e traballar todos na mesma dirección.   “O importante é o proxecto, e o proxecto é Cee. Temos que estar unidos, apoiar a Esteban Abeijón e traballar xuntos, porque só desde a unión, a implicación e o esforzo colectivo poderemos alcanzar o obxectivo de gañar as eleccións municipais”, asegurou.   Neste sentido, Ben incidiu na importancia de manter un partido aberto á sociedade, capaz de incorporar novas persoas e ideas, escoitar as demandas dos veciños e ofrecer respostas aos problemas reais do municipio.   CON ILUSIÓN, RESPONSABILIDADE E MOITAS GAÑAS DE TRABALLAR    Pola súa banda, Abeijón indicou que asume esta responsabilidade coa vontade de fortalecer a organización, ampliar a súa base social e traballar desde a proximidade para chegar ás próximas eleccións municipais cun proxecto sólido e compartido.   “Comezamos unha nova etapa con ilusión, responsabilidade e moitas ganas de traballar por Cee. Queremos un partido aberto, no que todo o mundo poida achegar, participar e sentirse escoitado. O noso obxectivo é construír un proxecto de futuro para o concello, sumando esforzos e contando cos veciños”, sinalou o novo candidato.   Por último, Ben tamén puxo o foco na importancia das próximas eleccións xerais para o conxunto do Partido Popular. “As eleccións xerais son unha cita fundamental para o PP. Temos que chegar a elas co partido mobilizado, forte e unido, porque o traballo que fagamos agora tamén será importante para afrontar con garantías as eleccións municipais”, sinalou.   O dirixente popular incidiu en que a preparación dos diferentes procesos electorais require planificación, implicación e coordinación entre todas as estruturas do partido, tanto no ámbito nacional como no provincial e local.…
Ler máis

O PP esixe á alcaldesa que explique por que non informou das condicións adversas que había no mar o día que faleceu unha muller en Lires

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Cee esixiu no último pleno a través do seu voceiro, Jesús…
Ler máis

Jesús Picallo lémbralle á alcaldesa que a prestación do servizo de socorrismo é una competencia estritamente municipal

El portavoz del grupo municipal del Partido Popular en el Concello de Cee, Jesús Picallo, lembroulle hoxe á alcaldesa, Margarita…
Ler máis

Picallo estuda acudir aos xulgados ante as calumnias da alcaldesa cara á súa persoa tras a polémica pola mala fiscalización da piscina

O voceiro do grupo municipal do Partido Popular de Cee, Jesús Picallo, avanzou onte que está a estudar a posibilidade…
Ler máis

O PP de Cee esixe unha maior fiscalización dos ingresos e dos gastos da piscina para poder compensar á concesionaria con exactitude

O grupo do Partido Popular no Concello de Cee esixiu a través do seu voceiro, Jesús Picallo, que o Goberno…
Ler máis

O PP de Cee celebra que a Xunta de Galicia invista este ano 1,4 millóns na posta en marcha do hospital de día oncolóxico

“Pasamos das palabras aos feitos. O compromiso do Goberno Galego con Cee é una realidade”. Así de contundente mostrouse nos…
Ler máis

O PP pide aos alcaldes de Arzúa, Melide e Santiso que deixen de “facer demagoxia” con Altri e lembra que non acatar os informes é prevaricar

O Partido Popular da provincia da Coruña reclamou aos rexedores dos concellos de Arzúa, Melide e Santiso que deixen de…
Ler máis

O PP critica que os veciños de Cee sufran a “falta de iniciativa” e a “mediocridade” dunha alcaldesa que vive instalada na poltrona da maioría absoluta

O grupo do Partido Popular no Concello de Cee aproveitou o pleno celebrado o pasado luns para cargar contra “a…
Ler máis

O PP denuncia a forte carga fiscal que sofren os veciños de Cee tras aprobar o Goberno Local unha subida no servizo de recollida de lixo

O grupo do Partido Popular no Concello de Cee responsabilizou hoxe a través de su portavoz, Jesús Picallo, ao Goberno…
Ler máis

Jesús Picallo toma as rendas da nova xestora do Partido Popular de Cee

A dirección do Partido Popular na provincial da Coruña, encabezada polo seu presidente, Diego Calvo, nomeou  na reunion celebrada esta…
Ler máis