A dirección do Partido Popular na provincial da Coruña, encabezada polo seu presidente, Diego Calvo, nomeou na reunion celebrada esta tarde a Jesús Picallo como presidente da nova xestora dos populares no Concello de Cee.
A menos de sete meses da cita coas urnas municipais, a dirección popular decidiu poñer en marcha un novo equipo de persoas que será o encargado de preparar ao partido para afrontar unhas municipais nas que os populares aspiran a ser a lista máis votada no municipio ceense.
O novo presidente da xestora estará acompañado por Águeda María Díaz Mejuto –secretaria-, que formará parte tamén dun novo equipo popular que estará composto por máis de vinte persoas.
A nova xestora, dixo Calvo, debe servir para que a súa formación “se active” e, desta maneira, empezo a perfilar o equipo co que afrontar as eleccións municipais. “É o momento de estar na rúa, escoitar aos veciños para, posteriormente, ofrecer alternativas que nos permitan volver ser a lista máis votada en Cee”, concluiu.
O líder dos populares aproveitou tamén para facer un chamamento a todas as persoas que queiran sumarse a un proxecto, dixo, no que teñen cabida aqueles que decidan achegar a súa axuda para poñer fin a un Goberno Local “incapaz de xestionar e de sacar adiante o concello”.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742