Marta González critica que o PSOE esqueza nos PGE proxectos fundamentais para a provincia de A Coruña

As diputadas coruñesas do PP, Marta González, Tristana Moraleja e Valentina Martínez, criticaron hoxe que o PSOE esqueza un ano máis nos Orzamentos Xerais do Estado dotar de partida económica proxectos fundamentais para a provincia de A Coruña

 

Dende o Partido Popular subliñaron que os orzamentos para 2022 consignan para Galicia un investimento real de 1074,72 millóns de euros, o cal supón 242,47 millóns máis respecto a 2021, pero, en relación a 2018 –últimas contas do goberno de Mariano Rajoy-, a porcentaxe rexional e máis baixa, pasando do 9% aprobado polos populares, ao 8,3% dos socialistas.

 

“Estamos ante uns orzamentos decepcionantes porque os anuncios de investimentos millonarios, vinculadas aos fondos de recuperación aprobados por Europa, non aparecen na provincia da Coruña”, apuntou González, que indicou que Galicia é a quinta comunidade autónoma por nivel de investimento, por debaixo de Andalucía, Cataluña, Comunidade Valenciana e Madrid.

 

Neste sentido, os populares incidiron en que, unha vez máis, o Goberno Central favorece por motivos políticos a unha comunidades autónomas fronte a outras. “Ademais de irreais e ficticios porque disparan ao gasto e o déficit público, son unhas contas con marcado interese político e coas que o señor Sánchez trata de asegurarse a súa cadeira de brazos na Moncloa por encima de calquera outra preocupación”, dixo González.

 

Inversión en estradas

En materia de estradas, a deputada explicou que a rede de autovías da provincia de A Coruña continúa practicamente sen cambios e sen inversións. Tampouco, dixo González, as contas establecen partidas para infraestruturas tan importantes como a avenida Alfonso Molina na Coruña ea ampliación da Ponte da Pasaxe, que contan, indicou, con 100.000 euros cada unha, o cal non permitirá o seu desenvolvemento, algo que tamén ocorre co Vial 18 para a conexión da autovía AC-14 coa AP-9.

 

González aproveitou tamén para asegurar que é ioi preocupante a falla de investimento para autovía Lugo-Santiago, que terá que seguir agardando ata 2025. “E particularmente grave que, sabendo que temos a celebración do Xacobeo 2021/2022, non se leve a cabo esta inversión que permitiría retirar o tráfico pesado dunha vía utilizada polos peregrinos para chegar a Compostela”, asegurou.

 

Por outra banda, obras esenciais para o tráfico da provincia como a variante de Ordes ou a variante de Sigüeiro tampouco contan con orzamento. A única obra viaria de importancia que terá partida económica ata 2024 é o enlace orbital de Santiago, con 9.052.550 € neste ano de 2022 e 10 millóns no 2023.

 

Melloras ferroviarias

En materia ferroviaria,  a popular  explicou que os PGE recollen para Galicia 390 millóns de euros entre ADIF e ADIF Alta Velocidade, e para a Coruña 14 millóns (os  maiores orzamentos van para as provincias de Lugo e Ourense) pero non están incluídas, dixo, actuacións esenciais como a mellora da conexión ferroviaria Ferrol-A Coruña ou as obras para a estación intermodal da herculina. “Os dous 2,4 millóns consignados o único que nos fai pensar é que o proxecto, vital para o desenvolvemento da cidade, acumule máis atrasos dos que xa ten”, dixo.

 

Polo que se refire á estación intermodal de Santiago, as contan recollen un orzamento de 8,6 millóns de euros,mentres que a partida destinada a liña Ferrol- Ribadeo de FEVE, de 15,8M “é completamente escasa para poder levar a cabo o proxecto”, indicou.

 

Punta Langosteira

Os populares consideran tamén insuficiente a partida destinada á conexión ferroviaria do porto exterior da Coruña en Punta Langosteira, con 3,3 millóns de euros, fronte aos 150 millóns que se precisan. A modernización ferroviaria da liña Coruña-Ferrol tamén ten unha contía “ridícula”, 17.000 euros, para a redacción do proxecto do ‘bypass’ de Betanzos o vindeiro ano.

 

Polo que se refire a inversión en materia de augas, os populares subliñan que a EDAR de Santiago conta para o 2022 con 3,7 millóns de un total de 60 que, segundo explicou González, son os que se precisan para levar a cabo a actuación.

 

“Resulta incrible o desprezo que, un ano máis, fai o goberno socialista ao Xacobeo, agora Xacobeo 2021/2022, que de novo non recibe nin un euro nos orzamentos do Ministerio de Cultura e tampouco do Ministerio de Turismo”, lamentan os populares, que incidiron en que as contas  son “unha oportunidade perdida de amosar un compromiso firme para establecer as bases dunha recuperación sostida e sostible na provincia de  A Coruña”.