O Partido Popular levará ao Parlamento a rehabilitación de 17 inmobles no casco histórico de Betanzos

O pasado mes de setembro, a Xunta de Galicia facía entrega en Betanzos de catro vivendas protexidas e rehabilitadas a través do programa Rexurbe.

 

Unha iniciativa pola que a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo mércanse inmobles deteriorados ou en estado de abandono co obxectivo de recuperalos e destinalos despois ao alugueiro social, con rendas mensuais que oscilan entre os 125 e os 255 euros, en función das características de cada inmoble.

 

Esta acción levou ao IGVS a compra dun total de 17 inmobles no concello de Betanzos, o que supón unha das iniciativas de rehabilitación do casco urbano máis potentes das que se levan posto en marcha.

 

Con isto, a portavoz popular no concello, Cecilia Vázquez destaca que “esta rehabilitación evidencia o compromiso firme da Xunta co noso concello, sendo a administración que máis invirte nel, e sobretodo, a importancia que lle da, posto que Betanzos foi o concello que iniciou estre programa Rexurbe polo 2017”.  Vázquez ademáis destaca a “diferencia entre unha administración como a autonómica que quere dinamizar e por en valor o noso casco histórico, fronte a un goberno local que está en ´modo avión´ na recuperación da cidade”.

 

O PP de Betanzos levará esta iniciativa ao Parlamento galego da man do deputado autonómico Adrián Pardo, que porá en valor a inversión de 5,4 millóns de euros na rehabilitación destes inmobles, dos cales 10 xa están completamente rehabilitados e os 7 restantes, xa están en obras ou pendentes dos inicios dos traballos.