O deputada autonómico do Partido Popular, Rubén Lorenzo, asegurou hoxe que os orzamentos presentados pola Xunta de Galicia reafirman o compromiso do Goberno Autonómico con todos os concellos da comarca da Costa da Morte.
Co obxectivo de incrementar o investimento, mellorar os servizos públicos, reducir os impostos e diminuír a débeda, Lorenzo destacou que o orzamento máis alto da historia de Galicia -12.620 euros- permitirá incrementar o gasto social ata os 9.368 millóns de euros e situar a partida destinada a investimento en 2.700 millóns, un 8,5% máis que no presente exercicio do ano 2022.
Neste sentido, a popular incidiu tamén en que a diminución da carga fiscal que se recolle nas contas autonómicas axudará ás familias galegas a facer fronte á alza dos prezos, especialmente, ás rendas máis baixas, coa deflación do tramo autonómico do IRPF.
“Estamos antes unhas contas pensadas para as familias, para incrementar o aforro e a eficiencia enerxética, impulsar a dinamización económica, fortalecer a protección del medio ambiente e reforzar os servizos públicos”, asegurou o popular.
Aposta pola mobilidade
A nivel local, o deputado autonómico detívose en primeiro lugar na partida de 4,5 millóns de euros que permitirá levar adiante o primeiro tramo da VAC –Baio-Berdoias-, e no medio millón de euros co que seguir avanzando na “tan demandada” variante Sur de Carballo.
En canto á mobilidade, Lorenzo explicou que a Xunta de Galicia seguirá apostando polo ambicioso Plan de Transporte Público no que se inclúe o Plan de Transporte Metropolitano, rebaixando, dixo, considerablemente o custo do billete para os viaxeiros de autobús de Carballo e de Laracha que van á Coruña, así como a financiación da Tarxeta Xente Nova que permite aos menores de 21 anos viaxar gratis por toda a nosa comunidade.
“É moi importante que a nosa comarca estea ven comunicada, pero tamén é fundamental que axudemos a toda esa xente que ten que desprazarse todos o case todos os días a outros municipios para traballar. Aí a Xunta é clara no seu apoio a non subir o custo da autovía ou facilitando a mobilidade dos veciños”, apuntou Lorenzo.
En materia de sanidade, o popular incidiu en que a área sanitaria de Coruña-Cee beneficiarase dos 28,5 millóns de euros do Plan Director do Novo CHUAC, aos que hai que sumar os 450.000 que permitirán, apuntou, reformar aa área de urxencias do Hospital de Cee, que se licitará antes de fin de ano.
Así mesmo, o Lorenzo avanzou que a Xunta de Galicia tamén renovará o TAC do Hospital Comarcal Cee, cun investimento de máis de 400.000 euros. Lorenzo quixo destacar tamén que o executivo autonómico segue a apostar polo Plan de Infraestruturas de Atención Primaria deixando partida económica á espera de que os concellos de Fisterra e Carballo poñan a disposición os terreos necesarios para as actuacións, estando o de Malpica xa comprometido por parte do Concello e co protocolo asinado coa Consellería.
Melloras no abastecemento da auga
Noutra orde de cousas, o deputado autonómico fixo fincapé tamén na Fase I da mellora de abastecemento en Laracha -1,87 millóns de euros- e nas melloras de saneamentos de Cee e Corcubión, que neste exercicio conta cun importede 3,66 millóns de euros.
Ademais, o orzamento reserva tamén unha importante inversión de 2,5 millóns de euros no Plan Específico de inundacións ARPSI do río ANLLÓNS, que permitirá, entre outras, a demolición de dous edificios no núcleo urbano e a realización dun Bay Pass no Muíño do Quinto que, según Lorenzo, “marcará un antes e un despois para Carballo que sofre cada ano o asolagamento de determinadas zonas do leito do Anllóns”.
Lorenzo non quixo esquecer tampouco que o feito de que a Xunta siga apoiando aos concellos máis pequenos –Carnota, Cabana, Corcubión- cos seus plans urbanísticos, e destacou tamén a partida de 212.000 euros que permitirá arrancar cos trámites de polígono industrial de Coristanco.
“Un ano máis os orzamentos da Xunta seguen apostando polas comarcas de Bergantiños e Costa da Morte para reforzar os servizos públicos e afrontar os retos futuros continuando a aposta pola mobilidade, máis e mellores infraestructuras. Un ano máis a Xunta fala con feitos, mentres outras administración seguen a prometer sen comprometer nada”, concluíu Lorenzo.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742