O PP alerta de que o Goberno Local de Outes acumula máis de 1.600 facturas sen pagar por un montante de máis de 760.000 euros

O grupo do Partido Popular no Concello de Outes alertou hoxe que o Goberno Municipal acumula a día de hoxe máis de 1.600 facturas sen pagar por un importe que supera os 760.000 euros, un dato, dixo, que sitúa ao municipio entre os concellos con peor periodo medio de pago a proveedores da comarca.
Alertados pola preocupación mostrada por algúns proveedores, os populares trasladaron esta situación ao pleno municipal celebrado no mes de decembro, co fin de coñecer o motivo deste incremento no número de facturas que o concello ten sen pagar.

“O único que nos dixeron é que a responsabilidade é de que hai unha interventora nova e que existe un problema coa persoa responsable dos temas administrativos do Concello”, apuntou Calo, quen censurou a falta de autocrítica mostrada polo rexedor.

O grupo popular aproveitou tamén para incidir en que, segundo os datos confirmados polo propio alcalde, das máis de 1.600 facturas pendentes de pago, máis de 1.300 corresponden ao servizo de luz do concello. “Din que, neste apartado, o municipio xera máis de 200 facturas ao mes, o que nos leva a pensar que levamos máis de seis meses sen pagar a luz en Outes”, dato que vén de confirmar a “nefasta xestión” que existe na actualidade.
Con todo, para o Grupo Popular, o dato máis preocupante para a economía local son as máis de 300 facturas relacionadas cos proveedores locais. “Estamos a detectar que a xente non quere traballar para o Concello de

Outes porque se estendeu a sensación de que é unha administración que non paga”, facendo fincapé en que, ademais, o atraso no abono destas cantidades está a causar problemas económicos.
“Hai xente que leva moito tempo esperando por un diñeiro que necesita no seu día a día. Estamos a falar de pequenas empresas ou autónomos aos que non se lles pagan traballos que hai tempo que realizaron”, lamentan dende o grupo popularr
Ante esta situación, desde o Partido Popular de Outes demandan ao Gobierno Local que solucione este problema canto antes, e lembran que, baixo o seu mandanto, o Concello de Outes era das administracións con mellor período medio de pago aos seus proveedores.