O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Ponteume asegurou hoxe que o alcalde, Bernardo Fernández, “non pode seguir nin un día máis” á fronte do Goberno Local de confirmarse a sentenza publicada onte por un medio de comunicación, na que o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos condena ao rexedor por agredir a unha veciña da localidade.
Os populares esixen ao señor Fernández que, en primeiro lugar e sen perder nin un día, dea a cara e confirme ou desminta a existencia desa sentenza e, no caso ser condenado aseguran que queda “moral e éticamente inhabilitado” para poder representar ao Concello de Pontedeume en calquera cargo público.
“De ser verdade, estamos a falar dun feito moi grave. É intolerable que o señor Fernández se manteña no seu cargo se agradiu a unha muller, veciña de Pontedeume”, afirmaron os populares.
Neste sentido, dende o PP local aseguran que os feitos relatados nos medios de comunicación non deixan ningún outro tipo de saída ao señor Fernández que a de dimitir como alcade de Pontedeume. “Aquí non caben medias tintas. Non vale de nada tratar de dar leccións con outros casos que, por desgraza, suceden na sociedade e que, cando un representante político vese envolto nunha agresión a unha muller deste tipo, pretendamos que se mire para outro lado”, din.
Lonxe de quedarse aquí, o Partido Popular de Pontedeume insistiu en que o señor Fernández teñen unha boa oportunidade de predicar co exemplo. “Todos sabemos as leccións morais que tivemos que aguantar dos socialistas a este respecto e moito máis dun alcalde ao que lle gusta presumir do intachable sempre das súas actuacións. Pois que se aplique o conto”, conclúen