O PP asegura que os orzamentos autonómicos responden as necesidades dos concellos que conforman a área metropolitana da Coruña

O deputado autonómico, Jesús María Fernández Rosende, asegurou hoxe que os orzamentos presentados polo Goberno da Xunta de Galicia responden as necesidades dos concellos que conforman a área metropolitna da Coruña.

 

Coñecidas as contas autonómicas para o ano 2026, Fernández Rosende celebrou o feito de que os galegos, ao contrario do que sucede co Goberno Central, teñan un orzamento en “tempo e forma”. “O executivo galego cumpre un ano máis coa súa obriga de presentar as contas nun exercicio de responsabilidade política e compromiso cos cidadáns que non teñen outros”, apuntou o popular.

 

Analizado o documento, o deputado coruñeses indicou que, na súa elaboración, o Goberno Galego tivo “moi presentes” as prioridades da veciñanza da área metropolitna da Coruña. Neste sentido, Fernández Rosende referiuse a aspectos que cualificou de “fundamentais” como o investimento en sanidade e a mellora da mobilidade na comarca.

 

“O compromiso coa construción do novo complexo hospitalario e o reforzo e a renovación de partidas destinadas a formentar os traslados en transporte público, especialmente entre os mozos, son preocupacións constantes entre a cidadáns da área metropolitana”, afirmou o popular.

 

Fernández Rosende detívose tamén nos investimentos que a Xunta de Galicia comprometeu en concellos como o de Culleredo, que recibirá 2,5 millóns de euros para financiar as obras de novo ‘Skate Park’ e unha partida de 1,5 millóns para levar a cabo melloras na instalación deportiva de de Acea de Ama.

 

“Investir en deporte é investir en saúde, fomentar o deporte como medicina preventiva é un aspecto fundamental para toda a sociedade”, defendeu o deputado autonómico, que destacou os 3,4 millóns de euros que a Xunta destinará a melloras nas instalacións ubicadas no INEF de Oleiros.

 

O popular puxo en valor tamén as políticas de emprego, acompañamento ao emprendedor e axuda ao autónomo e aos mozos, que se verán impulsadas con estes prespupuestos, como ferramentas “clave” para fortalecer a economía da área metropolitana.

 

Noutra orde de cousas, o deputado autonómico pola provincia da Coruña agradeceu que as contas galegas reflictan o “férreo compromiso” do Gobierno Gallego cos servizos sociais. “Aumentan as partidas para dependencia e para a protección  das mulleres que sofren malos tratos. Estamos a falar de duas demandas moi presentes na nosa sociedade”, explicou Fernandez Rosende.

 

Infraestruturas na comarca

En materia de infraestruturas, o popular puxo sobre a mesa os 6,4 millóns de euros que o Concello de Sada recibirá para actuacións que permitirán evitar inundacións derivadas do cambio climático. Neste mesmo municipio, a Xunta investirá, neste ano 2026, 1.092.406 euros para a rehabilitacion do CEIP Pedro Barrie da Maza.

 

Neste capítulo, Fernández Rosende valorou  tamén de maneira “moi positiva” o anuncio de que o municipio de Carral contará cun novo CEIP Vicente Otero Valcárce -800.000 euros-, e salientou as melloras no IES Manuel Murguia de Arteixo por valor de 1.265.338 millóns de euros, dos que neste 2026 se investirán 379.601 euros.

 

Ademais, o popular confirmou que as contas galegas recollen máis de 100.000 euros para a mellora do equipamento do Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial de Culleredo, e 270.000 euros para a finalización e posta en marcha en 2026 do novo centro de saúde en Abegondo.

 

“En definitiva, o máis importante é que Galicia conta cuns orzamentos que recollen investimentos concretos para esta comarcan, uns orzamentos con gastos previstos e con actuacións comprometidas que xeran certeza e seguridade a todos os cidadáns”, concluíu o popular.