O PP censura as formas e a mensaxe da campaña publicitaria posta en marcha pola Deputación da Coruña sobre as obras do POS

O grupo do Partido Popular na Deputación da Coruña censurou hoxe a través do seu voceiro, Evaristo Ben, as formas e a mensaxe da campaña publicitaria posta en marcha polo Goberno que encabeza González Formoso, na que o executivo provincial enxalzaba as obras realizadas en cada concello cos fondos do Plan de Obras e Servizos.

No pleno extraordinario celebrado hoxe a petición dos populares tras comprobar como os veciños dos noventa e tres concellos da provincia recibían nas súas casas unha carta na que se recollían as actuacións realizadas nos seus municipios, Evaristo Ben insistiu en que o envío desa publicación, en pleno ‘período de sombra’ tras a convocatoria das eleccións autonómicas do próximo 18 de febreiro, produciu unha “gran indignación” nas corporacións locais polo carácter “sorpreviso, aleivoso e mendaz” dunha campaña de márketing desarrolada, dixo Ben, ás costas dos alcaldes.

“Non imos negar o dereito da Diputación a poñer en valor a súa existencia e explicar a función ou utilidade do ente provincial, pero custa crer que o señor Formoso descoñeza as previsións de publicidade, e costa crer moito máis que o presidente da institución descoñeza que as obras do POS desenvólvense co esforzo político de quen integra as corporacións locais”, afirmou o popular.

Neste sentido, e a pesar de que a Xunta Electoral non aprecie un feito ilícito nesta iniciativa, os populares denunciaron a “mala fe” do señor Formoso ao poñer en marcha unha campaña publicitaria que ataca a “neutralidade e a prudencia institucional” que se lle esixe e se lle supón ao presidente dunha Deputación.

“A mensaxe da campaña é intolerable. Vostedes falan de financiar, dando a entender que as obras son mérito exclusivo da Deputación, cando saben que non é así. Falan de ‘o noso investimento’ e de ‘actuacións realizadas pola Deputación, cando saben que non é así. E o que é peor de todo, silencian por completo o papel fundamental dos concellos para impulsar, licitar, executar e supervisar as obras”, denunciou Ben.

Proceso de contratación poco transparente
Ben aproveitou a súa intervención para cargar contra o proceso de contratación da campaña publicitaria. “Non se transmitiu o correspondente procedemento que permitise trasparentar, por exemplo, o gasto da campaña, do que só se coñece unha parte”, dixo o popular, quen lamentou que o Goberno provincial non facilitase a copia de todos os correos electrónicos que poida haber coas empresas que presentaron propostas de deseño e, particularmente, coa adxudicataria.

“Eses correos, de existir, constituirían unha información relevante para descartar que houbese unha falseamento da competencia na adxudicación do contrato”, apuntou Ben, quen concluíu cargando contra o señor Formoso, ao que responsabilizou de ter ido con esta campaña “máis aló do que se entende como publicidade institucional, para practicar o vampirismo institucional e, desta maneira, atribuírse o traballo dos concellos”.