O grupo provincial do Partido Popular , a través da súa portavoz, Rosa Galego, censurou hoxe que PSOE e BNG se pusexen de lado ao non votar a favor –abstención- da moción presentada polos populares na que se insta o goberno local a que dea liberdade ás entidades locais para que poidan facer uso do superávit das súas contas para financiar servizos sociais e medidas que permitan actuar contra a pandemia do Covid19.
No texto, os populares reclaman ao executivo central que non utilice os poderes excepcionais que lle confire o Estado de Alarma para apropiarse dos aforros das entidades locais, vulnerando preceptos constitucionais e leis en vigor.
“Pedimos que se respecte e se garanta a autonomía que a Constitución Española e as leis outorgan ás entidades locais para a xestión dos seus recursos, para a xestión do diñeiro público que é de todos e cada un dos españois”, indicou Gallego, quen reclamou que sexa o Congreso dos Deputados quen valide calquera modificación das leis que afecte á autonomía, facenda ou estabilidade financeira das entidades locais.
Gallego aproveitou tamén para cargar contra socialistas e nacionalistas aos que acusou defender as siglas antes que os intereses dos galegos. “É difícil de entender a postura destas dúas formacións á hora de non votar a favor da moción, única e exclusivamente, porque a a presenta o PP cando nós si votamos a favor da súa”, dixo a popular.
Nesta linea, a popular engadiu na súa criítica o feito de que “a ambos partidos se lle enche a boca á hora de reclamar unión para loitar contra a pandemia, pero logo son os primeiros en dar as costas a calquera media que non salga das súas formacións”.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742