Doval lembra que o rexedor garantizou que as obras estarían acabadas antes de finalizar o 2019
O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Oroso, a través do seu portavoz, Alexander Doval, trasladou hoxe a súa preocupación pola paralización das obras para a construción do novo auditorio e a ampliación da biblioteca.
Os populares lembran que ambas as actuacións, que se están a realizar dentro das instalacións do Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa de Sigüeiro e que contan cun orzamento de algo máis de 500.000 euros, iniciáronse a semana antes de que se celebrasen as eleccións municipais do 2019, algo que os populares non consideran que fora unha casualidade.
O portavoz do grupo municipal aproveitou tamén para poñer sobre a mesa as declaracións realizadas polo rexedor o pasado mes de setembro nas que garantía que o auditorio estaría acabado antes de finais de ano.
“O único certo é que as obras levan paradas máis de dous meses e o único que soubemos é que todo fai indicar que o a empresa adjudicataria vai a acudir á xustiza contra o goberno por rescindirlles o contrato coa demora que iso conleva”, dixo Doval.
Ante esta situación, desde o grupo municipal do Partido Popular de Oroso esixen ao executivo local que “axilice e acelere” a tramitación do novo expediente para terminar “dunha vez por todas” con este proxecto. O Alcalde no último Pleno Ordinario non foi quen de poñer fecha á finalización das obras.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742