CONCELLOS

Esteban Abeijón encabezará a lista do PP con obxectivo de recuperar a alcaldía no Concello de Cee

Esteban Abeijón Lema (Suiza, 1972) é o novo candidato do Partido Popular á alcaldía de Cee, unha designación refrendada polo partido tanto a nivel local como provincial. Así se deu a coñecer no acto celebrado hoxe en Cee, no que o secretario xeral dos populares na provincia de A Coruña, Evaristo Ben trasladou o respaldo da organización ao novo candidato e apelou á unidade e ao traballo conxunto para afrontar os retos electorais nacionais e locais dos vindeiros meses.  Na súa intervención, Ben quixo recoñecer expresamente o traballo feito por Jesús Picallo, de quen destacou a súa dedicación, o seu compromiso e o esforzo realizado durante a súa etapa á fronte do proxecto popular en Cee.   “Quero agradecerlle a Jesús o traballo realizado, o seu compromiso co partido e con Cee, e a dedicación que demostrou durante todo este tempo. Saber dar un paso ao lado cando chega o momento de abrir unha nova etapa tamén é unha mostra de xenerosidade e de compromiso co proxecto colectivo”, afirmou.   O dirixente provincial incidiu tambén que o PP de Cee afronta agora unha nova fase na que resulta fundamental sumar vontades, deixar atrás posibles diferenzas e traballar todos na mesma dirección.   “O importante é o proxecto, e o proxecto é Cee. Temos que estar unidos, apoiar a Esteban Abeijón e traballar xuntos, porque só desde a unión, a implicación e o esforzo colectivo poderemos alcanzar o obxectivo de gañar as eleccións municipais”, asegurou.   Neste sentido, Ben incidiu na importancia de manter un partido aberto á sociedade, capaz de incorporar novas persoas e ideas, escoitar as demandas dos veciños e ofrecer respostas aos problemas reais do municipio.   CON ILUSIÓN, RESPONSABILIDADE E MOITAS GAÑAS DE TRABALLAR    Pola súa banda, Abeijón indicou que asume esta responsabilidade coa vontade de fortalecer a organización, ampliar a súa base social e traballar desde a proximidade para chegar ás próximas eleccións municipais cun proxecto sólido e compartido.   “Comezamos unha nova etapa con ilusión, responsabilidade e moitas ganas de traballar por Cee. Queremos un partido aberto, no que todo o mundo poida achegar, participar e sentirse escoitado. O noso obxectivo é construír un proxecto de futuro para o concello, sumando esforzos e contando cos veciños”, sinalou o novo candidato.   Por último, Ben tamén puxo o foco na importancia das próximas eleccións xerais para o conxunto do Partido Popular. “As eleccións xerais son unha cita fundamental para o PP. Temos que chegar a elas co partido mobilizado, forte e unido, porque o traballo que fagamos agora tamén será importante para afrontar con garantías as eleccións municipais”, sinalou.   O dirixente popular incidiu en que a preparación dos diferentes procesos electorais require planificación, implicación e coordinación entre todas as estruturas do partido, tanto no ámbito nacional como no provincial e local.…
Ler máis

Rubén Suárez repetirá como candidato do PP á alcaldía do Concello de Negreira

Rubén Suárez volverá ser o candidato do Partido Popular á alcaldía de Negreira nas eleccións municipais de 2027. O secretrario…
Ler máis

O PP alerta do “grave descontrol financeiro” que existe no Concello” e critica o “absoluto abandono” no que se atopan as parroquias

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Camariñas alertou a través da súa voceira, Paula Mouzo, do “grave…
Ler máis

Martín Suárez País será candidato del PP de Santa Comba a las elecciones municipales de 2027

Martín Suárez País encabezará la lista del PP de Santa Comba como candidato a la alcaldía en las elecciones municipales…
Ler máis

O PP DE ARZÚA ESIXE AO GOBERNO DE ESPAÑA QUE POÑA FIN Á INCERTEZA SOBRE A A-54 E FIXE DUNHA VEZ A DATA DEFINITIVA DA SÚA APERTURA

O Partido Popular de Arzúa reclama ao Goberno de España que deixe de adiar a finalización da autovía A-54 e…
Ler máis

O alcalde de Outes traslada ao Conselleiro de Sanidade necesidades para a mellora a atención sanitaria no municipio

O alcalde do Concello de Outes, Francisco Calo, mantivo nos últimos días unha reunión de traballo co conselleiro de Sanidade,…
Ler máis

O Concello de Outes agradece que a Xunta de Galicia reforce o firme da AC-196 ao seu paso polos núcleos de Seilán e Ponte Nafonso

O alcalde do Concello de Outes, Francisco Calo, agradeceu á Xunta de Galicia, en concreto á Consellería de Vivenda e…
Ler máis

El PP replica que “la Xunta cumplirá con Betanzos, a pesar de que la alcaldesa no hizo los deberes”

La portavoz del Grupo Municipal del Partido Popular de Betanzos, Ceci Vázquez, respondió hoy a las valoraciones de la alcaldesa…
Ler máis

O PP critica a “dobre moral” de BNG e PSdeG ao esixir investimentos da Xunta en A Coruña e esquecerse dos incumprimentos do Goberno central con proxectos importantes para esta cidade

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Roberto Rodríguez, criticou hoxe a “dobre moral” de BNG e PSdeG ao esixir…
Ler máis

O PP di que é o Concello o que ten que xestionar o centro de día e recorda que a Xunta ofrece a colaboración con axudas directas aos usuarios

O grupo municipal do Partido Popular de Corcubión reiterou hoxe, a través do seu voceiro, José Domínguez, que é o…
Ler máis