O grupo do Partido Popular na Deputación da Coruña, a través do seu viceportavoz, Evaristo Ben, presentou esta mañá unha moción na que os populares demandan un incremento nos fondos para que o Plan de Emprego Local (PEL) cubra a cantidade suficiente para financiar as necesidades dos concellos que non puideron ser atendidas e para que non quede sen percibir a axuda ningún beneficiario ao que lle corresponde, así como as novas xurdidas como consecuencia desta terceira onda da pandemia.
Desde el Partido Popular apuntan que la crisis sanitaria producida por el Covid-19 está suponiendo no solo un problema de salud pública sino también un duro revés para la economía global, con consecuencias directas en la provincia de A Coruña.
“Somos conscientes de que nestes momentos a prioridade é a de velar pola saúde pública e cumprir estritamente as medidas de prevención para minimizar a propagación do virus, pero ao mesmo tempo hai que anticiparse, concentrando os recursos en activar políticas que axuden a paliar os efectos tan negativos que vai ocasionar esta crise na economía local e provincial”, explicou Ben, quen subliñou que “non podemos perder máis tempo”, xa que, ao seu xuízo, moitas empresas e pequenos negocios víronse obrigadas a cerrar as súas portas.
Ante esta situación, o popular incidiu en que como representantes dos cidadáns nas institucións “debemos ofrecer ao tecido empresarial da provincia todas as ferramentas que temos” e, explicou Ben, achegarlles, ao mesmo tempo, aquelas que se anunciaron desde as administracións rexional e central para que as empresas atopen todo o apoio que necesitan nesta situación de pandemia.
12,5 millóns en axudas
Ata a data, A Diputación da Coruña, a través do PEL, aprobou investir 12,5 millóns de euros en axudas para os pequenos negocios afectados polas consecuencias da COVID-19 nos Concellos de menos de 50.000 habitantes, dos que a Deputación achega o 80% e os municipios do 20% restante.
“A pandemia do Covid está a provocar que ese 20% que deben achegar os municipios supoña un problema para algúns concellos á hora de dicir si acceden ou non á axuda do PEL”, explicou Ben, quen incidiu en que, en certos casos, esa achega xera unha importante tensión de tesourería nas contas municipais.
Nesta mesma liña, o popular incidiu tamén na importancia de incrementar a partida orzamentaria, tendo en conta que, segundo dixo Ben, hai moitos beneficiarios que, a pesar de cumprir os requisitos para recibir a axuda, non poderán contar con elas por falta de fondos.
Por todo isto, o popular, que reclamou maior celeridade á hora de tramitar unhas partidas que aínda non foron abonadas por parte da institución provincial, considera que desde a Deputación da Coruña débese facer un “novo esforzo” para axudar aos concellos nun momento de “máxima necesidade”.
Ademais, o texto da moción inclúe tamén a posibilidade de que sexa a propia institución provincial a que xestione a totalidade dos trámites do PEL ou ben, e naqueles casos que o soliciten, sexan os propios Concellos os encargados de levalos a cabo. “Queremos dar total liberdade aos concellos á hora de tramitalas e, por outra banda, deixar aberta a posibilidade de que aqueles que queiran achegar ese 20% tamén o poidan facer”, concluíu Ben
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742