O grupo do Partido Popular na Deputación da Coruña denunciou hoxe a través da seu portavoz, Evaristo Ben, que a “falta de vontade política, ganas e capacidade” está a provocar atrasos importantes na área de vías obras da institución provincial.
Ben aproveitou unha das súas intervencións no pasado pleno para cargar contra o goberno encabezado por Valentín González Formoso ao que acusou de falta de “dilixencia” á hora de poñer en marcha proxectos que levan moito meses aprobados.
“Somos os primeiros que nos alegramos de que se incremente no orzamento provincial a partida destinada a Vías e Obras, a condición de que se execute”, apuntou Ben, quen puxo como exemplos desa falta de execución proxectos aprobados hai meses en concellos como Ordes, Rois e Oroso que aínda non comezaron.
O primeiro deles, en Rois, na DP-7402, onde o voceiro popular afirmou que, un ano despois de que se aprobase por unanimidade no pleno provincial unha obra no tramo entre O Martelo e Augas Santas, “nin o alcalde, nin os veciños saben nada dunha actuación importantísima, cun orzamento de 2 millóns de euros, que permitiría vertebrar o tráfico da comarca”, apuntou Ben.
Lonxe de quedarse aquí, el popular o popular asegurou que no Concello de Ordes, en concreto na DP-5905, aínda non comezaron as obras para a construción da senda peonil en Poulo. “Outro millón de euros sen executar por falta de ganas, de vontade, de tempo ou de todo á vez”, denunciou Ben quen lamentou una forma de traballar que cualificou de “impropia” para unha administración seria.
Nesta comarca, tamén, o voceiro do PP na Deputación da Coruña referiuse o proxecto na DP-3801, no Concello de Oroso, en concreto na Avenida da Grabanxa, anunciado no anterior mandato e no que participan de forma conxunta outras administracións. Neste caso, Ben explicou que a Deputación da Coruña deu luz verde a esta actuación en maio do 2024 para, posteriormente, en agosto do 2025, pedir un levantamento topográfico que o Goberno local incluíu nun anexo. “A sorpresa veu cando un mes despois, Vías e Obras reclama a redacción dun novo proxecto que inclúa o levantamento topográfico”, indicou Ben, quen criticou a forma de actuar da institución provincial.
“Aquí non só estamos para aprobar iniciativas neste pleno. Sabemos que non se pode chegar a todos os sitios no tempo que nos gustaría, pero cando hai fondos e un proxecto aprobado, creemos que se está tomando o pelo á xente retrasando un proxecto de 700.000 euros”, afirmou Ben, quen cargou contra González Formoso, a quen acusou de non atender ás numerosas chamadas realizadas polo alcalde de Oroso, Alex Doval, para buscar unha solución a este atraso.
Unha área de dedicación exclusiva
Ante esta situación, Ben aproveitou tamén a súa intervención para referirse á responsable da área de Vías e Obras da Deputación da Coruña, Mónica Rodríguez, a quen recomendou cambiar de responsabilidade e asumir unha que lle permita compatibilizar as súas obrigas como alcaldesa de Vimianzo coa súa tarefa na institución provincial.
“Vías e Obras é unha área que require plena dedicación polos 2.000 km de vías provinciais, pola dificultade de chegar a todos os sitios e estar ao tanto das cousas que se fan todos os días”, afirmou Ben, quen incidiu en que este departamento necesita a unha persoa que dedique “algo máis que dous días á semana unhas horas. Hai que estar todos os días a todas as horas porque son moitas as necesidades e os recursos son moitos máis que os que se executan e, aínda así, non son suficientes”, concluíu.