O grupo provincial do Partido Popular anunciou hoxe a través do seu viceportavoz, Evaristo Ben, que pedirá no próximo pleno da Deputación da Coruña a posta en marcha dun paquete de medidas urxentes para paliar os efectos da crise que está a provocar na sociedade a escalada de prezos, agravada polo efecto de invasión de Ucraína.
Os populares aseguran que se viron obrigados a levar a cabo esta medida –adxuntamos anexo da proposta- ante a “incapacidade manifesta” que o señor Valentín González Formoso vén acreditando desde o inicio do seu mandato á hora de xestionar a institución provincial.
“Hai tempo que vimos denunciando a deriva á que González Formoso levou a este institución. Con máis do 60% do orzamento de investimentos sen executar e con 313 millóns nos bancos sen chegar ás concellos, o barco provincial fai augas por todos os lados e o presidente segue como a orquestra do Titánic, tocando sen darse conta de que o transatlántico provincial afúndese”, dixo ben.
Reunión unilateral
Ben, que volveu denunciar o “intolerable uso partidista” que o señor Formoso fai da institución, acusou nesta ocasión ao presidente provincial de “romper” todas as pontes de diálogo, consenso e xestión que prevaleceron sempre na Deputación da Coruña, coa convocatoria hoxe de forma unilateral e sen contar co resto de grupos políticos dunha reunión con representantes dos sectores do transporte, de pesca e agrario.“Como grupo maioritario da Deputación da Coruña, temos dereito a estar nesa reunión: para escoitar as demandas destes sectores e para aportar ideas na procura dun consenso que permita axudarlles a superar a crise”, apuntou o viceportavoz popular, que lamentou tamén que na comisión de economía que se celebrará o vindeiro luns non se inclúa ningunha proposta para facer fronte ás necesidades destes sectores.
“Ausente como alcalde das Pontes e desaparecido como presidente da Deputación da Coruña, á que utiliza só para a súa promoción política con constantes anuncio de autobombo, González Formoso empéñase en fomentar o conflito e a ruptura co resto de forzas políticas”, lamentou o popular, quen esixiu un “cambio de rumbo urxente” na xestión da Deputación de A Coruña para que os veciños dos 93 municipios non sigan a pagar as consecuencias de ter un presidente que “mestura as súas abrigas como máximo mandatario de institución provincial e os seus intereses como secretario xeral do PSdeG”.
Deixarse de consellos
Ben aproveitou tamén para reclamar ao señor González Formoso que se deixe de dar consellos ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, sobre como xestionar o executivo autonómico.“Hai que ter moi pouca vergoña para dar consellos de como gobernar unha autonomía cando uno non é capaz de xestionar unha Deputación nin un concello”, apuntou o popular, quen subliñou que Núñez Feijoo acreditou durante moitos anos a súa “valía como xestor e o seu compromiso co seu deber. Estou seguro de que, si o presidente da Xunta presentase os resultados de xestión que ten o señor Formoso á fronte da Deputación, hai moito tempo que os galegos o tiñan botado do executivo autonómico”.
Deberes ao Goberno central
O viceportavoz popular cargou tamén contra o decálogo de medidas económicas presentado onte polo líder do PSdeG para facer fronte á escalda de prezos.Trátase dun paquete de medidas que, segundo Ben, demostra varias cousas. “A primeira é que o señor Formoso non leu as propostas anunciadas pola Xunta no día de onte, e a segunda é que, unha vez máis, os socialistas poñen deberes á Xunta, obviando que o Goberno Central segue mirando para outro lado, de brazos cruzados e sen facer absolutamente nada”, criticou.
Con todo isto, o portavoz popular, que lembrou que a Deputación da Coruña non pode resolver por si soa a crise que estamos a vivir, pero si contribuír a paliar os seus efectos, confía en que o Goberno provincial teña en conta as propostas económicas que farán os populares, á espera de que o executivo central “faga dunha vez por todas os seus deberes”.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742