O PP esixirá nos 93 concellos da provincia o cesamento de Garzón polos seus reiterados ataques ao sector cárnico



O Partido Popular da provincia da Coruña levará ao pleno da Deputación da Coruña e aos 93 concellos da provincia unha moción na que esixirán o cesamento inmediato do Ministro de Consumo, Alberto Garzón, polos seus reiterados ataques ao sector cárnico, un dos máis produtivos e puxantes do país, e que leva anos mellorando os seus procesos para garantir a máis alta calidade alimientaria e o benestar animal.

 

No texto elaborado  e que se enmarca nunha campaña nacional, o PP reclama tamén a rectificación inmediata por parte do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, das declaracións realizadas por Garzón, á vez que esixen ao Ministro de Agricultura, pesca e Alimentación, competente na materia, que, cos datos de que dispón, desminta inmediatamente as afirmacións do seu compañeiro de gabinete e poña en marcha unha campaña nacional e internacional en defensa e apoio do sector gandeiro cárnico.

 

“É importante recoñecer o gran traballo realizado polos miles de gandeiros españois así como dos veterinarios e enxeñeiros agrónomos para facer que o sector gandeiro cárnico adaptásese ás novas esixencias, regulatorias e sociais, en materia medio ambiental, de benestar animal e calidade e seguridade alimentaria alcanzando os máximos estándares de calidade nas estas materias”, apuntan os populares na moción que presentarán nos concellos da provincia.

 

Unha industria con máis de 3.600 empresas

Os populares, que consideran “intolerables” as palabras do señor Garzón, lembran que coas súas declaracións, o Ministro de Consumo está a poñer en risco, 2’5 millóns de postos de traballo -si consideramos a cadea cárnico- gandeira no seu conxunto (incluíndo ademais distribución, transporte e a loxística-.

 

“A gandería achega máis de 15.000 millóns de euros á produción agraria, mentres que a industria cárnica factura máis de 26.000 millóns de euros, o que a sitúa como líder de todo o sector alimentario co 22,6% do total, e unha achega á balanza comercial do país con carca de 9.000 millóns de euros de exportacións a 130 países”, subliñan desde o PP.

 

Nesta mesma liña, os populares censuran que Sánchez leva tres anos “demonizando e ninguneando” ao sector primario a través dos recortes na PAC (5.000 millóns menos), subidas de impostos ao azucre, gasóleo, enerxía, coa prohibición da caza do lobo, a anulación de investimentos en novos regadios e formulacións contra o aproveitamento da auga.

 

“O Goberno non pode poñer en risco ao sector do que depende case o 12% o PIB nacional. Un membro do Goberno non pode atacar a un sector que non coñece por simple ideoloxía e de forma reiterada sen que Sánchez actúe, xa en xuño protagonizou un episodio igual de dantesco, e non pasou nada, quizá porque o propio Sánchez, na súa magnífica axenda 2050, xa anunciou medidas para reducir produción e consumo de carne”, denuncian os populares