O PP faise eco do malestar dos ‘tecores’ tras rexeitar a Deputación as subvencións para financiar a súa actividade

O grupo do Partido Popular na provincia da Coruña trasladou no pleno celebrado esta semana, a través do seu viceportavoz, Evaristo Ben, o malestar que existe entre os representantes dos terreos cinexéticamente ordenados (tecores), en concreto, as queixas expostas polo presidente de Aproca Noroeste, José Luis García Bello, despois de que a institución provincial negase a maioría das subvencións solicitadas por estas asociacións para o financiamento das súas actividades nos anos 2021.

 

Durante a súa intervención, Ben denunciou os representantes dos ‘tecores’ descoñecen os criterios de baremación da convocatoria deste ano e a puntuación concreta lograda por cada solicitante. Ademais, dixo o popular, o período para presentar alegacións á resolución ha pasado de 10 a 5 días. “Teñen que facer fronte ao feito de que, pola súa actividade, non poden aspirar a unha serie de puntos que se outorgan na convocatoria e que son fundamentais para lograr estas subvencións, e non poden lograr os criterios económicos que se lles pide”, lamentou Ben.

 

Por todo isto, explicou o popular, estas entidades están a soportar un desequilibrio importante nos seus orzamentos que pon en serio risco o seu futuro. “Igual que a Deputación outorga nominativas a moitas asociacións para poder sobrevivir, creo que neste caso, habería facer os mesmo”, demandou Ben, quen lembrou  que os ‘tecores’ realizan un labor “moi importante” de conservación e de prevención no monte e xeran unha “notable” actividade económica na provincia.

 

Finalmente, Ben aproveitou para incidir en que sería “moi preocupante” que a non concesión destas axudas debésese única e exclusivamente a unha cuestión ideolóxica contra a caza, á vez que reclamou cambiar as bases de cara a a convocatoria do próximo ano.