Deputación: atraso das obras para humanizar a avenida de San Campio

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Outes, a través da súa portavoz, Beatriz Molinos, trasladou hoxe ao pleno da Deputación da Coruña a súa preocupación polo atraso no comezo das obras para humanizar a avenida de San Campio.

Os populares lembran que a actuación foi licitada en outubro do 2015 e adxudicada en maio do 2016 para, unha vez iniciados os traballos na parte de San Cosme e antes de que se iniciasen na avenida de San Campio, a institución provincial e a empresa encargada disolvesen o contrato por diferentes discrepancias.

Desde entón, o anterior goberno local del PP fixo innumerables peticións á Deputación para que buscara unha solución ao problema tras a paralización das obras. “O único que recibimos foron boas palabras, pese a que o ano pasado, nunha reunión con Valentín González Formoso, aseguróusenos que a principios do 2019 a actuación sería licitada de novo para comezar as obras en marzo deste ano”, indicou Molinos.

A pesar de todo iso, o certo é que, segundo explicou a popular, a día de hoxe, as obras seguen paralizadas. “Pasou moito tempo e cada día que se atrasa a actuación a situación é moito peor e a conservación da vía xa é insustentable”, concluiu a popular.