O PP leva ao pleno da Deputación a mellora do trazado da estrada DP-3201 ao seu paso por Curtis

O grupo do Partido Popular na Deputación da Coruña trasladou esta mañá ao pleno un rogo para que o executivo provinicial leve a cabo, sen máis dilación, os seus compromisos, e licite este ano 2021 o “proxeto de ampliación e meloora de trazado da estrada DP-3201 -Estación de Curtis al Carregal e Gorxá, P.K 8+400 a P.K. 11+070 y senda peatonal del P.K. 8+700 a P.K. 9+700- ao seu paso polo Concello de Curtis.

Os populares recordan que a estrada, de titularidade provincial, soporta, dede fai moitos anos, un tráfico de vehículos lixeiro e pesados por riba da súa capacidade real, sobre todo entre os puntos quilométricos P.K: 8+400 e P.K. 11+700 por mor dos estreitamentos máis acusados da vía nese tramo e a existencia de numerosas vivendas.

Ademáis, e tendo en conta as moi escasas inversións da Deputación Provincial na súa rede viaria existente no Concello de Curtis que, na opinión dos populares, non soportaría a mínima comparación con inversións que leva a cabo nas estradas de titularidade provincial existentes noutros termos municipais, consideran de “obrigado cumprimiento” realizar esta obra.

Melloras no Centro Etnográfico
Por outra bando, os populares reclamaron tamén que o executivo provincial acometa as correspondentes obras de impermeabilización da cuberta do Centro Etnográfico de Teixeiro para evitar as filtración no interior da edificación, e para que os danos existentes segan aumentando.

Neste sentido, os populares lembran que, o pasado mes de novmebro, foi enviado á Deputación da Coruña un informe técnico no cal se recollían unha serie de filtracións e a consecuencia dos danos sobre o edificio do Centro Etnográfico de Teixeiro, no cal solicitábase a pronta actuación para evitar que os mesmos seguiran avanzando e frear así a orixe dos mesmos.