O secretario xeral do Partido
Popular da provincia de A Coruña e viceportavoz dos populares
na Deputación, Evaristo Ben, preguntou hoxe no pleno provincial
polo custo das campañas publicitarias postas en marcha por un cosultor do PSOE nas que se eloxian supostos logros vinculados
a labor de Inés Rey como alcaldesa da cidade herculina.
Ben botou man de diferentes noticias públicadas nas últimas
semanas nas que se fai referencia a que este consultor –que
estaría a recibir decenas de miles de euros do Grupo Socialista da
Deputación da Coruña e do Goberno local da Coruña,
promocionaría a través de Facebook, durante os últimos dous
anos, publicacións do seu propio diario dixital para darlle
visibilidade ao Goberno Local e, desta maneira, asocialo cos
avances que A Coruña experimentou, ademais de fomentar a
imaxe da alcaldesa.
“Según as noticias publicadas nun medio, esta persoa tería
facturado nos últimos cinco anos máis de 170.000 euros ao
Grupo Socialista a través de diferentes empresas e servizos”,
apuntou Ben, quen engadiu que este empresario estaría moi
vinculado a Bernardo Fernández, alcalde de Pontedeume e
secretario xeral do PSOE na provincia da Coruña; a Emma Cid,
directora de comunicación do Concello da Coruña; e a José
Manuel Lage, portavoz do goberno local da Coruña e secretario
de organización do PSOE galego.
O obxectivo xeneral das publicciones sería o de relacionar a
xestión directa do Goberno Local cos grandes proxectos da
cidade, aínda que, dixo Ben, non estean relacionados coa xestión
directa do Concello da Coruña como pode ser a Cidade das TIC, a
Estación Intermodal ou Novo Chuac.
Con todos estes datos sobre a mesa, Ben considera obrigado que
o grupo socialista na Deputación da Coruña explique que recursos provinciais destináronse para sufragar estas campañas de
publicidade para, dixo, desta maneira, saber se ditas iniciativas as
cuestea o PSOE cos seus propios fondos ou, pola contra, están a
sufragalas os veciños da provincia da Coruña a través do
orzamento de comunicación que ten o goberno provincial.
E por último os populares queren saber se tense contratado
algunha das empresas citadas no medio de comunicación con
fondos da Deputación sin ser dos recursos do grupo socialista e,
de ser así, con finalidade e en que cuantía.
O secretario xeral do Partido Popular da provincia de A Coruña e viceportavoz dos populares na Deputación, Evaristo Ben, preguntou hoxe no pleno provincial polo custo das campañas publicitarias postas en marcha por un cosultor do PSOE nas que se eloxian supostos logros vinculados a labor de Inés Rey como alcaldesa da cidade herculina.
Ben botou man de diferentes noticias públicadas nas últimas semanas nas que se fai referencia a que este consultor –que estaría a recibir decenas de miles de euros do Grupo Socialista da Deputación da Coruña e do Goberno local da Coruña, promocionaría a través de Facebook, durante os últimos dous anos, publicacións do seu propio diario dixital para darlle visibilidade ao Goberno Local e, desta maneira, asocialo cos avances que A Coruña experimentou, ademais de fomentar a imaxe da alcaldesa.
“Según as noticias publicadas nun medio, esta persoa tería facturado nos últimos cinco anos máis de 170.000 euros ao Grupo Socialista a través de diferentes empresas e servizos”, apuntou Ben, quen engadiu que este empresario estaría moi vinculado a Bernardo Fernández, alcalde de Pontedeume e secretario xeral do PSOE na provincia da Coruña; a Emma Cid, directora de comunicación do Concello da Coruña; e a José Manuel Lage, portavoz do goberno local da Coruña e secretario de organización do PSOE galego.
O obxectivo xeneral das publicciones sería o de relacionar a xestión directa do Goberno Local cos grandes proxectos da cidade, aínda que, dixo Ben, non estean relacionados coa xestión directa do Concello da Coruña como pode ser a Cidade das TIC, a Estación Intermodal ou Novo Chuac.
Con todos estes datos sobre a mesa, Ben considera obrigado que o grupo socialista na Deputación da Coruña explique que recursos provinciais destináronse para sufragar estas campañas de publicidade para, dixo, desta maneira, saber se ditas iniciativas as cuestea o PSOE cos seus propios fondos ou, pola contra, están a sufragalas os veciños da provincia da Coruña a través do orzamento de comunicación que ten o goberno provincial.
E por último os populares queren saber se tense contratado algunha das empresas citadas no medio de comunicación con fondos da Deputación sin ser dos recursos do grupo socialista e, de ser así, con finalidade e en que cuantía.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742