O PP levará ante o TSXG a elección como Xuíz de Paz dun exconcelleiro socialista

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Oroso, a través do seu portavoz, Alexander Doval, presentará ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) unha alegación ante a elección como Xuíz de Paz dun exconcejal do PSOE.

Os populares tacharon a elección do señor Eduardo Veiras, aprobada cos votos a favor do PSOE e BNG, como unha mostra máis do “despotismo” dun goberno local que, segundo Doval, parece non entender a importancia da “separación de poderes” para o bo funcionamento do sistema democrático.

“Queren tener todo baixo o seu control. A Ley Orgánica do Poder Xudicial di claramente no seu artigo 395 que os xuíces non poderán pertencer a partidos políticos nin sindicatos”, denunciou o popular, quen lembrou que o Xuíz de Paz debe ser “unha persoa independente”, unha característica que “non cumpre o señor Veiras tras ser concelleiro do PSOE durante os 16 anos”, “non temos nada en contra do Sr. Veiras pero non é a persoa idónea para Xuíz de Paz” engaden.

 

Otros asuntos

Noutra orde de cousas, os populares aproveitaron o pleno para urxir ao goberno local a que acelere as obras que permitan unir as beirarrúas do Portiño coa gardería municipal da rúa Ulloa.

Ademais, os populares demandaron ao executivo local a que inste o Ministerio de Fomento para que redeseñe o proxecto da rotonda da Foca para que, desta maneira, póidanse facer incorporacións desde a N-550 cara ao Portiño-Estación vindo desde Santiago, tal e como se fai na actualidade.

Os populares mostraron tamén a súa preocupación polo futuro do Grupo Puentes no Concello, pola falta de luz e de auga no cemiterio municipal de Marzoa, e insistiron na necesidade imperioso do rebacheo da pista do núcleo que atravesa a aldea de Castiñeiro Redondo na parroquia de Calvente.

Por último, Doval pediu que se proceda a desglosar os prezos públicos das actividades ofertadas polo Concello (deportivas, culturais…), de tal maneira que as cotas pasen a ser mensuais e non anuais como ocorre na actualidade en moitos casos.