O grupo do Partido Popular na Deputación da Coruña, a través do seu viceportavoz, Evaristo Ben, defendeu no pleno celebrado onte unha moción na que os populares reclaman que o Goberno provincial incremente a partida destinada a financiar o Plan de Emprego Local (PEL) e na que urxen ao executivo a que axilice a súa tramitación para que as axudas cheguen a tempo a todos os destinatarios que teñen dereito a percibilas.
Durante a súa intervención, Ben deixou claro que os populares están a favor do plan posto en marcha pola Deputación da Coruña, pero incidiu en que os 12 millóns aprobados son unha cantidade “insuficiente” para facer fronte á “grave situación económica” que están atravensando os hosteleiros, comerciantes e pequenas empresas da provincia debido aos problemas provocados pola pandemia do COVID-19.
Neste sentido, o viceportavoz dos populares lembrou que os 10 millóns de euros da anterior convocatoría non serviron para atender todas as peticións. “Cónstanos porque falamos con moitos alcaldes que houbo xente que, podéndoa recibir, quedou sen esta axuda co primeiro plan”, dixo Ben, quen avogou por tomar nota destas cousas para mellorar as bases do novo PEL.
Aínda sen cobrar o PEL do ano 20
O popular aproveitou para explicar tamén que a moción, aprobada a pesar dos votos en contra de PSOE e Alternativa dos Veciños, reclama “axilizar” os trámites para conseguir que as axudas cheguen canto antes.
“Os hosteleiros, as pequenas empresas e os comerciantes van recibir antes as axudas do segundo plan de rescate posto en marcha pola Xunta de Galicia que o diñeiro que debería ter cobrado xa do PEL que aprobamos o ano pasado na Deputación”, criticou Ben, quen incidiu en que “as axudas deben chegar ao enfermo cando aínda ten vida e cando ten opcións de sobrevir e non cando xa non ten ningunha opción de seguir con vida”.
Ademáis, o popular expuxo que o texto inclúe tamén a posibilidade de que sexa a propia institución provincial a que xestione a totalidade dos trámites do PEL ou ben, e naqueles casos que o soliciten, sexan os propios Concellos os encargados de levalos a cabo.
“Queremos dar total liberdade aos concellos á hora de tramitalas e, por outra banda, deixar aberta a posibilidade de que aqueles municipios que queiran achegar ese 20% ou máis tamén o poidan facer, pero non sexa unha condición sine qua non poder optar a eses proxectos porque moitas veces xenera unha tensión de tesorería insostible nas arcas localis”, concluíu Ben.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742