O grupo do Partido Popular na Diputación da Coruña, levará ao próximo pleno unha moción na que os populares reclamarán que a institución provincial elabore unha auditoria completa para coñecer o estado actual no que se atopa a rede de vías provinciais para, posteriormente, poñer en marcha un plan plurianual que permita mellorar a rede de estradas que percorre os 93 municipios da provincia coruñesa.
Os populares entenden que a Deputación da Coruña conta cunha cantidade importante de quilómetros de estradas provinciais en moi diversos estados de conservación e acondicionamento, e cree que o sey mantemento non se limita unicamente á mellora na circulación dos vehículos, senón que afecta a outros moitos aspectos como a redución no risco de accidentes, o consumo de combustible ou as emisións de gases de efecto invernadoiro.
“É necesario realizar un investimento no mantemento e conservación das nosas estradas de titularidade provincial para corrixir as súas deficiencias, como a falta de estabilidade, as carencias en materia de sinalización, os firmes en mal estado ou mala iluminación”, apuntan os populares, que recordan que xa fixeron dous rogos neste sentido no pasado pleno do 30 de outubro.
Na moción presentada, os populares reclaman tamén un acordo para creación dunha comisión especial composta por deputados de cada un dos grupos con representación na Deputación e funcionarios técnicos do servizo de Vías e Obras da institución. Este órgano, explican dende o PP. Sería o encargado de planificar e ditaminar as actuacións máis urxentes, así como a planificación do mantemento, conservación e execución de novos proxectos das carretas de titularidade da Deputación con cargo aos orzamentos provinciais.
“Debemos pensar que o diñeiro destinado ao mantemento das vías é un investimento de futuro, xa que investindo na conservación das estradas invístese na mellora da mobilidade, pero tamén en seguridade e en compromiso co medio ambiente”, apuntan os populares que reclaman ao executivo provincial que “abandone dunha vez por todas a política de parcheo e lavado das vías” e que se comprometa de verdade coas estradas desta provincia, “incrementando as partidas económicas” para realizar os planes necesarios “con independencia” do color político das institucións afectadas.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742