O PP resalta o “compromiso” da Xunta coa comarca do Barbanza fronte a un Goberno Central “empeñado en subir os impostos”

A deputada autonómica do Partido Popular, Ana García Vidal, destacou resaltou hoxe o “compromiso” da Xunta de Galicia cos concellos da comarca do Barbanza fronte a un Goberno central “empeñado en subir os impostos e facer máis difícil que os galegos cheguen a fin de mes”

 

Coñecidas as partidas que o executivo galego destina aos municipios da zona dentro do orzamento autonómico máis alto da historia, a popular asegurou que o obxectivo destas contas é “apoiar ás familias e aos sectores económicos”, reforzando, dixo, García Vidal, o gasto social, o investimento produtivo, controlando a débeda, modernizando os servizos públicos e blindando as infraestruturas sanitarias para superar os niveis de riqueza previos á pandemia e, volver si, á senda do crecemento

 

“Máis de 7 de cada 10 euros destínanse a gasto social, o que eleva a partida destinada a este capítulo –sanidade, o ensino, políticas sociais e de emprego- a máis de 8.600 millóns de euros”, defendeu a popular.

 

Neste sentido, García Vidal fixo fincapé en que os orzamentos autonómicos permitirán que os galegos teñan máis facilidades para chegar a final de mes. “Bastante temos con facer fronte á constante subida da luz e co incremento de impostos aprobado por un Goberno Central máis preocupado de ameazar con subir as peaxes das autoestradas que de garantir o benestar da xente”, dixo.

 

Sobre a rebaixa de impostos, a popular insistiu en que a Xunta de Galicia aposta novamente por diminuír o IRPF para as rendas medias e baixas, unha circunstancia da que se beneficiarán máis do 90% dos contribuíntes. “Mantemos tamén as rebaixas no Imposto de Sucesións; os tipos reducidos de ITP para os colectivos prioritarios; e o Programa Impostos 0 no rural”, explicou.

 

Inversións no Barbanza

No que fai referencia ao investimento na Comarca do Barbanza, a popular destacou a partida de 3,4 millóns de euros aprobada para a construción da residencia de maiores con novo sistema asistencial en Ribeira, ademais do millón de euros para levar a cabo a variante en leste mesmo concello.

 

Da mesma maneira, García Vidal tamén puxo sobre a mesa os 500.000 euros destinados a mellorar o sistema de abastecemento de auga no Concello de Noia,  o medio millón de euros que permitirá realizar mellorar no Hospital do Barbanza, e os 250.000 euros para lograr a conversión da Vía de Alta Capacidade Brión-Noia en autovía.I