O PP urxe á Deputación a que reforce o persoal para que ningunha asociación que cumpra os requisitos quede sen recibir a súa subvención

O grupo do Partido Popular na Deputación da Coruña levará ao pleno que se celebrará este venres unha moción na que os populares urxen ao Goberno Provincial a que reforce o persoal dedicado a tramitar as subvención para que ningunha asociación quede sen percibir as axudas que lle corresponden.

 

Os populares subliñan que as entidades sen ánimo de lucro son persoas xurídicas que, como o seu propio nome indica, non perseguen a obtención dun rendemento económico, senón que a súa misión é a realización de actividades en beneficio dos seus asociados, de terceiras persoas ou da comunidade en xeral, cuxo principal obxectivo é: social, deportivo, artístico, aumentar o benestar comunitario.

 

“Estamos a falar de xente que ten un marcado compromiso, en moitas ocasións, con voluntarismo. Xente que necesita máis que nunca as achegas que poden recibir das diferentes administracións nun momento tan complicado como o que estamos a vivir, e á que temos que facerlle o máis sinxelo posible todos os trámites que deben afrontar”, apuntou o viceportavoz dos populares Evaristo Ben.

 

Neste sentido, dende o PP recordan que ano tras ano, as distintas convocatorias de subvencións en réxime de concurrencia competitiva que publica a Deputación de A Coruña, dirixida as citadas entidades sen ánimo de lucro, federacións, etc, quedan desestas nunha parte importante por mor dos distintos problemas que se lle presentan en canto, non so a presentación da documentación, como sin a súa posterior xustificación.

 

“Somos conscientes do gran traballo que realizan todos e cada un dos funcionarios e persoas que se dedican a tramitar estas axudas, pero tamén somos coñecedores que, en ocasións e debido ao gran número de solicitudes que reciben e á complexidade na súa tramitación, moitas veces as asociones atópanse desaparadas á hora de tramitalas”, explicou Ben, que subliñou que a maioria destas entidades son extratéxicas e complementan en moitos casos actividades reservadas as administracións públicas.

 

Por todo isto, o viceportavoz dous populares considera “máis urxente que nunca” dar un paso máis e mellorar o sistema de tramitación destas axudas para que as persoas que o demanden poidan botar man de todas as ferramentas necesarias para que, tanto na tramitación das subvencións como na súa posterior xustificación, poidan ter todo tipo de axuda.

 

“Como administración non podemos permitirnos que as asociacións que necesitan dos nosos fondos e cumpren cos requisitos para recibilos queden sen eles por problemas burocráticos ou por dúbidas que non saben ou non poden resolver”, concluíu Ben.