Os populares de Bergantiños e Costa da Morte critican a deixadez e inoperancia do PSOE ao fronte da CMAT

O presidente provincial do Partido Popular da Coruña, Diego Calvo, reuniuse onte en Laxe con alcaldes e portavoces do PP nas comarcas de Bergantiños e Costa da Morte.

Durante o encontro, ao que tamén asistiu o vicesecretario de Organización e Territorio, Evaristo Ben, e o delegado territorial de la Xunta, Gonzalo Trenor, os representantes do Partido Popular na coincidiron en criticar duramente a “inacción e deixadez” dos socialistas na CMAT, asociación na que se integran diferentes axentes locais (públicos e privados) para potenciar o turismo no territorio.

En concreto, denunciaron a “irresponsable xestión” do socialista Iago Toba, alcalde de Muxía, pois a súa labor como presidente da asociación esta a ser “moi prexudicial para un sector, o da hostalería e o turismo, moi tocado durante o último ano”.

Segundo explicaron alcaldes populares, esta situación de “inactividade” está deixando de lado moitos proxectos “vitais para a nosa comarca”, pois o alcalde de Muxía nin sequera se preocupa de pagar ás empresas colaboradoras para dar saída a iniciativas pendentes e que serían “moi importantes para a recuperación económica que temos por diante”.

“Estamos saíndo dunha situación durísima para o sector turístico, e entre todos temos que fomentar que veña xente a esta zona. Se nós mesmos non somos capaces de traballar desde a CMAT, mal imos”, aseguraron os populares, que coinciden sen excepcións en denunciar a “nefasta xestión” dos representantes do PSOE nesta entidade.

En canto ao proxecto dos Camiños dos Faros, todos os representantes do PP nas comarcas de Bergantiños e a Costa da Morte mostraron a súa vontade de traballar na mesa dirección para lograr a homologación da ruta.

Neste mesmo senso, o presidente provincial comprometeuse a facer todo o posible para tratar de impulsar este e outros proxectos pendentes para a comarca e asegurou que “dende logo, polo Partido Popular non vai quedar esta comarca sen promocionar”.

Gran xestión na pandemia
Durante o encontro, Diego Calvo puxo en valor o labor realizado polos alcaldes durante a larga pandemia sanitaria. “Os concellos son a administración máis próxima aos cidadáns e os alcaldes os que mellor coñecen a realidade dos seus veciños”, apuntou Calvo, que asegurou que, sen ningunha dúbida, os rexedores populares de Bergantiños “estiveron e están á altura das circunstancias”.

En canto ó labor dos voceiros, tamén quixo destacar a súa actitude e colaboración “fiel e construtiva” cos gobernos municipais, demostrando que “independentemente da administración na que nos atopamos, os membros do Partido Popular sabemos e demostramos que temos vocación de servicio público, pois a nosa función es atender as necesidades dos veciños. E niso os nosos alcaldes son tamén os nosos mellores embaixadores”.

A reunión serviu tamén para poñer en común as inquietudes de cara á desescalada e volta á normalidade que agora se inicia de forma paulatina, cuestión na que os alcaldes coincidiron en levar a cabo “con todas as precaucións e coa mirada posta na reactivación da hostalería, o comercio local e o turismo”, pois son os sectores que máis sufriron durante o último ano.

Neste senso, salientaron o grande potencial turístico da zona e as fórmulas coas que se podería contar para apoiar a economía, xa sexa a través de axudas directas, subvencións, bonos para o consumo en establecementos do municipio o a execución de calquera outra medida destinada aos sectores máis prexudicados pola pandemia. Insistiron, en todo momento, en que é necesaria unha maior implicación do PSOE na CMAT agora que é un rexedor socialista o que se atopa ao fronte.

Actividade cultural
Tanto os alcaldes como os portavoces mostraron a súa preocupación pola forma en que, paulatinamente, se poida recuperar a actividade cultural de cara aos meses de verano, pois é a temporada que concentra a maior oferta lúdica a nivel municipal tanto para os máis pequenos como para os maiores.

“Estamos xa traballando en como poderemos buscar fórmulas seguras para os nenos, xa que os concellos sempre ofrecemos alternativas para a conciliación laboral cando acaba a época escolar”, aseguraron os alcaldes que, segundo, explicaron, poñerán en marcha un plan de traballo “ao ritmo que permita a situación sanitaria e a normativa”.